INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play

logo_FEDER

SUBVENCIÓNS ANO 2022 PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES INDUSTRIA E SERVIZOS

Inicio solicitude: Desde o 19 de abril de 2022 ás 09:00h.
Fin solicitude: 3 de outubro de 2022

A continuación descríbense brevemente as características principais desta liña de axudas, aínda que a información que se considerará oficial para todos os efectos será a publicada na Resolución do 23 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2022, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER-Galicia 2014-2020 (Código IN417Y).(DOG do 5 de abril de 2022).

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2022 pola que se amplían e se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 23 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2022-2023 (código de procedemento IN417Y).(DOG do 9 de decembro do 2022).

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para os anos 2022 e 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).(DOG do 7 de marzo do 2023).

Conceptos subvencionables

Proxectos de aforro e eficiencia no sector industrial ou servizos que xustifiquen un aforro enerxético do 20 % do consumo enerxético inicial (40 % para actuacións de iluminación e 5 % no caso de actuacións en proceso produtivo do sector industrial). Deben alcanzar unha rateo de aforro enerxético anual de 0,4 kWh/€ de investimento elixible, que se reduce a 0,3 para medianas empresa e 0,2 para pequenas.
O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros.

Cada solicitude conterá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou varias actuacións homoxéneas a executar no mesmo emprazamento. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes.

Beneficiarios

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos e industria. A efectos desta resolución considerárase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 10.2 e 12.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de aplicación indicado no apartado anterior.

Período de actuacións subvencionables

Considéranse actuacións subvencionables as realizadas unha vez efectuada a solicitude de axuda e a data limite para executar e xustificar o investimento será o  15 de setembro de 2023.

Importante: Para cumprir co especificado nas bases reguladoras da convocatoria, non pode haber ningún pedido, contrato, factura ou xustificante de pagamento con data anterior á de presentación da solicitude de axuda.

Contía máxima da axuda

A contía da subvención será do 35 % do custe elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. A axuda máxima por proxecto ascende a 500.000 €.

Presentación de solicitudes

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Para poder facer a presentación electrónica o solicitante ou representante legal deberá posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor.

Prazo para a presentación da solicitude

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 19 de abril ás 9:00 h e remata o 3 de outubro de 2022.

Documentación complementaria solicitude 

- Declaración de outorgamento de representación
- Declaración Responsable da capacidade administrativa, financieira e operativa
- Declaración ambiental do solicitante

Proxectos de aforro e eficiencia de iluminación

- Memoria técnica PAE-Iluminación
- Memoria técnica adicional edificios PAE

Proxectos de aforro e eficiencia

- Memoria técnica PAE
- Memoria técnica adicional edificios PAE
- Ficha de consumo PAE

Requirimentos de Emenda

Segundo o artigo 20 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse por medios electrónicos, mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.

Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Modelos de documentos para a xustificación do investimento

- Informe técnico da actuación realizada
- Declaración expresa de proxecto executado conforme á solicitude
- Declaración ambiental do beneficiario [revisado]
- Memoria Xustificación Publicidade Fondos FEDER
- Instruccións de información para os beneficiarios de axudas procedentes de fondos FEDER
- Modelo obrigatorio de publicidade (tamaño mínimo A3)
- Cartel de obra
- Certificado de finalización da instalación
- Certificado de obra do sistema de captación xeotérmica 

Modelos de documentos

- Anexo Renuncia

Acceso á aplicación informática

Prema para acceder á aplicación informática de cumprimentación e presentación de solicitudes.

Máis información

Para solicitar máis información pode contactar co Inega a través dos teléfonos: 981 541 514.