Zona experimental enerxías mariñas

Zona experimental enerxías mariñas

Como un dos resultados do proxecto europeo Energy Mare, correspondente á terceira convocatoria do Programa Espazo Atlántico 2007-2013 e no que INEGA participou como membro do consorcio que o levou a cabo, creouse unha zona experimental no ámbito mariño para o desenvolvemento de tecnoloxías asociadas ao aproveitamento da enerxía das ondas, das mareas e das correntes mariñas.
Está zona experimental está xestionada por INEGA e atópase ao dispor daquelas entidades que desexen desenvolver e testear os seus prototipos en condicións reais de ensaio.

Zona experimental enerxías mariñas
Zona experimental enerxías mariñas
LOCALIZACIÓN

A zona experimental de enerxías mariñas de INEGA atópase a uns 500 m de distancia mar a dentro do porto exterior da Coruña (Punta Langosteira, A Coruña):

CARACTERÍSTICAS
 
  • Superficie: 2,2 km2
  • Distancia ao porto exterior da Coruña: 500 m
  • Profundidade: 20-60 m
  • Balizamento: virtual

CRITERIOS PARA A APROBACIÓN DE ENSAIO DE DISPOSITIVOS

 

Indícanse a continuación os criterios para a aprobación do ensaio de dispositivos na zona experimental de enerxías mariñas de INEGA:

1. Certificación/Construción dos dispositivos
O deseño e a construción dos dispositivos deberán adaptarse aos estándares e as recomendacións de seguridade marítima vixentes no momento en que solicite a autorización para os ensaios. Débese achegar coa solicitude unha especificación técnica etallada do dispositivo a testar.

2. Sistema de fondeo
O sistema de fondeo debe ser construído e dimensionado para a carga esperada e acordo cos estándares e os requirimentos vixentes en materia de seguridade marítima. Todos os materiais de fondeo, e os puntos de amarre, teñen que ser certificados e débense achegar as características, o deseño e os materiais que se propoñen para o convertidor a probar coa solicitude de autorización do ensaio.

3. Estratexia de fondeo e recuperación do dispositivo
Xunto á solicitude, deberá incluírse un informe de como se farán o fondeo e a posterior recuperación do dispositivo, dando detalles de que tipo de embarcacións se utilizarán, da duración das operacións e dos requirimentos meteorolóxicos mínimos necesarios para levar a cabo os traballos.

4. Aspectos técnicos
A solicitude de autorización de uso da zona experimental debe ir acompañada do programa de ensaio do dispositivo que se propón. Devandito programa deberá incluír os obxectivos que se perseguen, a duración esperada, así como a metodoloxía que se seguirá.

5. Seguros
Os dispositivos deberán contar cun seguro de responsabilidade civil antes da súa colocación na zona experimental. Os promotores deberán presentar o resgardo do seguro xunto coa solicitude de autorización para os ensaios.

6. Seguridade
Unha vez que se instalen dispositivos experimentais, estes contarán con sistemas de sinalización marítima, de menor alcance que as boias de balizamento (unha milla náutica).
A documentación que se reciba adxunta á solicitude de autorización de uso da zona experimental relativa ao balizamento e fondeo dos dispositivos a testar remitirase tanto á Autoridade Portuaria como á Capitanía Marítima correspondentes.
Con carácter previo a calquera autorización, a Consellería de Economía, Industria e Innovación informará á Consellería do Mar, en cada momento, das características técnicas dos diferentes prototipos de ensaio que soliciten autorización para instalarse na área experimental, da súa concreta localización e das singularidades dos mesmos, incluídas as instalacións que sexan necesarias para o seu correcto funcionamento.

FORMULARIO DE SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN PARA USO DA ZONA EXPERIMENTAL

Para a solicitude de autorización destinada ao uso da zona experimental de enerxías mariñas de INEGA, deberá remitirse a información requirida no seguinte formulario ao correo electrónico zeenergiasmarinas [at] xunta.gal (zeenergiasmarinas[at]xunta[dot]gal) 
 

zeenergiasmarinas [at] xunta.gal (Solicitar agora)