Zona experimental eólicas mariñas

Zona experimental eólicas mariñas

De entre as tecnoloxías asociadas aos actuais procesos de descarbonización nos usos e transformación da enerxía, inclúense as enerxías mariñas e, especialmente, a enerxía eólica mariña flotante, como de grande interese para o seu desenvolvemento dado o gran potencial existente en Galicia para a xeración de enerxía a partir desta fonte enerxética de orixe renovable.

Dentro do desenvolvemento potencial desta nova tecnoloxía de xeración de enerxía de orixe renovable, a Xunta de Galicia considera que o diálogo temperán entre as diferentes partes implicadas debe ser promovido desde a Administración Pública para o seu axeitado desenvolvemento, equilibrando o non perder as oportunidades de mercado e industriais que se presentan para o territorio co respecto polas actividades que xa veñen desenvolvendo no ámbito do mar en Galicia.

Así, ao obxecto de contribuír á necesaria xeración de coñecemento en todos os ámbitos en relación con esta nova tecnoloxía, a Xunta de Galicia, a través de INEGA e en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña e Rede Eléctrica de España, está a impulsar unha nova zona experimental, que permitirá o desenvolvemento tecnolóxico, a través do testeo de prototipos flotantes de eólica mariña, e a realización de estudos relacionados co medio mariño e a biodiversidade.

Máis información