Biomasa

 

Biomasa

A biomasa é a materia orgánica orixinada nun proceso biolóxico que se pode utilizar como fonte de enerxía.  

No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a variedade de materias incluídas no concepto de biomasa permite formular diversas alternativas enerxéticas enerxéticas para o seu aproveitamento que se agrupan, principalmente, en tres áreas.

Biomasa

Biomasa forestal 

A biomasa forestal procede de sistemas forestais arbóreos e de residuos industriais de madeira. Galicia é a primeira rexión española en canto a potencial de residuos forestais, existindo unha dispoñibilidade estimada de case un millón de toneladas por ano de biomasa forestal residual en condición sostida. As características climáticas, a distribución da poboación e a gran tradición e importancia das explotacións madeireiras reflicten un importante potencial para este tipo de enerxía na nosa comunidade.

Biogás

O biogás pódese obter a partir da dixestión anaeróbica de residuos orgánicos de diferente orixe (efluentes agroalimentarios, augas residuais, residuos de entulleiras, residuos gandeiros etc.) e pode ser utilizado para a súa combustión tanto en caldeiras como en centrais de xeración eléctrica e conxelación. As estacións depuradoras de augas residuais (EDARs) tamén supoñen un elevado potencial de recursos enerxéticos de biogás debido á gran cantidade de estacións existentes. Mediante a aplicación de procesos de depuración do biogás, para incrementar a súa concentración en metano, é posible ampliar os seus usos e aproveitamento, como biometano, en, por exemplo, a súa inxección á rede de gas. 

Biocarburantes

A biomasa permite obter combustibles líquidos que poden substituír aos combustibles convencionais ou os seus aditivos. Ademais, a elaboración de biocarburantes a partir de produtos agrícolas constitúe unha alternativa para diminuír as emisións de CO2 á atmosfera. Dentro dos biocarburantes máis significativos destacan o bioetanol, que pode ser utilizado de forma directa, engadido á gasolina ou mediante a súa transformación previa en ETBE, e o biodiésel, que se utiliza mesturado ou puro nos motores diésel.