Benvida

Benvida

A través do Instituto Enerxético de Galicia xestionamos a política enerxética da nosa comunidade, que ten coma un dos seus obxectivos fundamentais acadar un equilibrio na explotación dos recursos naturais para a obtención da enerxía necesaria para o desenvolvemento diario do conxunto da sociedade.

Así mesmo, traballamos para diminuír a dependencia enerxética do exterior, descarbonizar os sectores económicos e sociais, posicionar a Comunidade como polo enerxético innovador e consolidar unha industria eficiente e sostible, apoiada no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, como o hub de hidróxeno verde ou o de eólica mariña.

Neste sentido, a Xunta de Galicia leva tempo impulsando medidas concretas, como: o fomento das enerxías renovables e a integración das enerxías limpas, o aproveitamento dos recursos enerxéticos locais e o impulso do almacenamento enerxético, así coma o autoconsumo e o incremento da eficiencia nos edificios residenciais e nas propias administracións.

O goberno galego, desde esta Consellería de Economía, Industria e Innovación, afronta esta tarefa cunha visión transversal, sen esquecer as necesarias pancas de financiamento e todos os requirimentos técnicos e legais necesarios, traballando cada día ao servicio do cidadán para mellorar e simplificar o acceso ás axudas.

É a nosa responsabilidade manter e coidar o medio ambiente, loitando contra o cambio climático e preservando os nosos valiosos recursos.

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación

María Jesús Lorenzana Somoza

Contacto

Se desexa contactar telemáticamente, cubra o seguinte formulario, tendo en conta que a información que poda manifestar así como os seus datos persoais teñen garantida a súa confidencialidade pola Lei orgánica 3/2018 do 6 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e Garantía dos Derechos Dixitais (LOPDGDD), e usaranse unicamente con fins estatísticos, así como para prestar o servizo de información demandado e valorar ou reparar o grao de satisfacción dos servizos prestados polo Inega.

981 541 500

Avelino Pousa Antelo nº5
15707 - Santiago de Compostela
(A Coruña)

Os campos marcados con *son obrigatorios

Xerencia

Cal Ríos, Vanessa

981 541 503

inega.info [at] xunta.gal (inega[dot]info[at]xunta[dot]gal)

Dpto. de enerxía

Rodríguez Fernández-Arroyo,

Juan Ignacio

981 541 583

inega.info [at] xunta.gal (inega[dot]info[at]xunta[dot]gal)