INEGA Instituto Enerxético de Galicia

Play
Conselleria de Economía e Industria
inicio ou Novas

Novas

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPLEMENTA A SÚA APOSTA POLO AFORRO E A EFICIENCIA ENERXÉTICA MEDIANTE O DESENVOLVEMENTO DE 14 CONVENIOS CUN INVESTIMENTO SUPERIOR AOS 2 MILLÓNS DE EUROS

01/04/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

A sinatura destes acordos de colaboración con distintas organizacións e entidades, cun investimento asociado de 2.739.661 euros, insírese na aposta global da Xunta de Galicia pola potenciación do aforro e da eficiencia enerxética e polo fomento das enerxías renovables

A Consellería que dirixe Javier Guerra, a través do Instituto Enerxético de Galicia, contempla tamén un amplo programa de axudas específicas para potenciar estes dous eixos vertebradores da política enerxética cun investimento de preto de 16 millóns de euros, así como campañas informativas como a que desenvolveu con motivo do Día Mundial da Eficiencia Enerxética

Os obxectivos prioritarios para a Xunta de Galicia neste ámbito son os de chegar a 2015 producindo con enerxías renovables máis do 95% do consumo de electricidade en Galicia e o de conseguir reducir a taxa actual de incremento da demanda de enerxía dun 0,99 a un 0,25%

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE A FORMACIÓN EN CERTIFICACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS CON 9 CURSOS NAS DIFERENTES CIDADES GALEGAS

29/03/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O obxecto dos seminarios é capacitar aos profesionais da edificación no manexo dos programas informáticos relacionados coa eficiencia enerxética, mediante métodos experimentais e resolución de casos prácticos, co fin de minimizar o consumo enerxético neste ámbito

ECONOMÍA E INDUSTRIA AVOGA POR IMPLANTAR MEDIDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS COMO UNHA DAS CLAVES PARA MELLORAR A COMPETITIVIDADE NO SECTOR INDUSTRIAL

25/03/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, trasladou o apoio aos empresarios na tarefa de ir introducindo a cultura do aforro nas súas compañías a anunciou que o Inega ideará este ano unha ferramenta informática que lles permitirá ás pemes realizar auditorías enerxéticas on-line

Diéguez, que clausurou hoxe en Tecnópole as actividades do mes da eficiencia enerxética, tamén destacou que o Inega ten en marcha unha experiencia innovadora de polígonos empresariais eficientes, para levar adiante auditorías e plans de formación en diferentes polígonos industriais

A Consellería que dirixe Javier Guerra desenvolveu durante o mes de marzo, a través do Inega, un calendario de actuacións de fomento do uso racional da enerxía, así como unha campaña informativa baixo o lema "Aseguremos o futuro. Usa a enerxía de forma eficiente"

O PLAN DE VEHÍCULOS EFICIENTES DE ECONOMÍA E INDUSTRIA SUMA MÁIS DUN CENTO DE SOLICITUDES E TEN COMPROMETIDO MÁIS DA METADE DO SEU ORZAMENTO A MES E MEDIO DA SÚA POSTA EN MARCHA

20/03/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

A campaña do departamento autonómico que dirixe Javier Guerra, desenvolvida a través do Instituto Enerxético de Galicia, xerará un investimento asociado de 3,4 millóns de euros

O director do Inega destaca "a boa acollida que este tipo de campañas, de incentivo do aforro e da eficiencia enerxética e de estímulo aos emprendedores, teñen entre o conxunto da cidadanía"

Co desenvolvemento desta nova actuación, dotada cun orzamento inicial de 500.000 euros, posibilitarase un aforro de 48 toneladas equivalentes de petróleo

Está previsto que participen 45 concesionarios na campaña e que se realicen 250 transaccións, entre adquisicións de vehículos híbridos novos e transformacións a GLP

JAVIER GUERRA AVOGA POR ESTABLECER HÁBITOS DE CONSUMO RACIONAL DA ENERXÍA DESDE A INFANCIA COMO CLAVE PARA PROPICIAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA

05/03/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O conselleiro de Economía e Industria presidiu o acto de conmemoración do "Día Mundial da Eficiencia Enerxética", diante dun auditorio composto maioritariamente por escolares, que tiveron a oportunidade de converterse en actores principais dunha función teatral que xirou ao redor do uso racional da enerxía


O titular autonómico defendeu a aposta da Xunta de Galicia por construír un modelo enerxético limpo e respectuoso co medio ambiente, baseado na potenciación das enerxías renovables e nunha nova dimensión do aforro e a eficiencia enerxética

Guerra defendeu a posta en marcha de accións transversais a todos os sectores para propiciar a eficiencia enerxética, entre as que se atopan a realización de campañas informativas como a que hoxe pon en marcha a Consellería de Economía e Industria baixo o título "Aseguremos o futuro. Usa a enerxía de forma eficiente"

Fixo fincapé en que con Plan de actuacións de aforro e eficiencia enerxética 2009 do Goberno galego se posibilitará un aforro enerxético de 228.570 MWh/ano, un aforro económico de cerca de 25 millóns e un investimento asociado de 77 millóns de euros

Anunciou que o reto da Xunta de Galicia en materia de aforro e eficiencia enerxética é conseguir reducir a taxa actual de incremento de demanda de enerxía dun 0,99% ao 0,26% no horizonte de 2015, co que se posibilitará un aforro económico superior aos 1.000 millóns de euros

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOCIONARÁ O USO RACIONAL DA ENERXÍA CUNHA REPRESENTACIÓN DE TEATRO INTERACTIVA CON MOTIVO DO "DÍA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA" O VINDEIRO VENRES

03/03/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

Ao longo do mes o departamento que dirixe Javier Guerra, da man do Instituto Enerxético de Galicia, fomentará o aforro e a eficiencia enerxética con diversas actividades en distintos puntos da xeografía galega

O "Día Mundial da Eficiencia Enerxética", a Consellería de Economía e Industria tamén poñerá en marcha unha campaña informativa sobre o uso eficiente da enerxía

AS AXUDAS DO PRIMEIRO PLAN RENOVE DE EQUIPOS DE CLIMATIZACIÓN DE ECONOMÍA E INDUSTRIA, DE ATA O 30% DO CUSTO, ÁBRENSE MAÑÁ

28/02/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

Esta actuación permitirá un aforro económico anual de 600.000 euros para os cidadáns

A campaña da Consellería que dirixe Javier Guerra, instrumentada a través do Inega, xerará un investimento asociado de 3,5 millóns de euros

Con esta nova liña de axudas de aforro e eficiencia enerxética prevese chegar a 1.400 vivendas e lograr a adhesión ao Plan de máis de 200 establecementos

Estímase que permitirá un aforro de enerxía primaria de 9.566 MWh, o que supón evitar a emisión de 1.527 toneladas de CO2 á atmosfera

Serán subvencionables os equipos de potencia entre 5 e 70 kW: caldeiras de condensación, equipos de aire acondicionado aire-aire ou aire-auga e as bombas de calor que teñan como foco frío o aire

ECONOMÍA E INDUSTRIA PON EN MARCHA A EXPOSICIÓN “UN MUNDO DE ENERXÍA” PARA PROMOVER UN CONSUMO ENERXÉTICO EFICIENTE E RESPONSABLE

19/02/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

A mostra, concibida como un espazo didáctico e participativo que pretende mellorar a comprensión sobre a importancia que teñen os recursos enerxéticos, pódese ver estes días na antiga-casa escola de Ventosa, no Concello de Agolada

Ata o próximo día 8 de marzo a exposición será visitada por nenos de distintos colexios da comarca do Deza e a partir desa data a mostra iniciará a súa xira itinerante por distintos puntos da xeografía galega

OS BUQUES DE PESCA GALEGOS PODERÍAN ACADAR UN AFORRO MEDIO ANUAL DE ENTRE O 5% E O 48%, SEGUNDO UN ESTUDO PROMOVIDO POLO INEGA, EN COLABORACIÓN CO CETPEC

06/02/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

Son os resultados extraídos de 82 auditorías realizadas, das 90 previstas, no marco do convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Centro Tecnolóxico da Pesca co fin de mellorar a eficiencia enerxética no sector pesqueiro

As análises leváronse a cabo ata o momento en 20 embarcacións de altura, en 10 buques de pesca de litoral e en 52 barcos de pesca artesanal

A porcentaxe de aforro acadable que se pode obter mediante a aplicación das medidas de optimización enerxética propostas varía en función da tipoloxía do buque pesqueiro, sendo os barcos de pesca artesanal os que máis poden diminuír os seus custos

As conclusións do estudo, cando estea totalmente finalizado, divulgaranse entre os mandos dos barcos que teñan relación directa coa xestión da enerxía para que estes colaboren na execución das melloras de redución do gasto enerxético que han de permitir facer a flota pesqueira galega máis competitiva

O INEGA POTENCIARÁ O USO DA BICICLETA COMO MEDIO DE TRANSPORTE EN PORTO DO SON, NOIA E LOUSAME MEDIANTE UN CONVENIO CON ESTES CONCELLOS CUNHA CONTÍA MÁXIMA TOTAL DE 140.000 EUROS

01/02/2010

??? Paragraph[1]/Image[1]/Title ???

O acordo establece a posta en marcha dun servizo de préstamo de bicicletas, que funcione nos devanditos municipios barbanzanos antes do 15 de setembro, similar ao que o Inega ten xa activado en nove concellos

O obxectivo último do programa Bicidadáns, de promoción do transporte urbano en bicicleta, financiado e impulsado polo Inega, é promover a eficiencia no sector do transporte, un dos principais ámbitos consumidores da enerxía, así como reducir o problema medioambiental derivado dos usos fósiles do transporte