Xunta e Universidade de Vigo abordan o uso de enerxías renovables para a mellora da eficiencia enerxética na Institución Académica

Xunta e Universidade de Vigo abordan o uso de enerxías renovables para a mellora da eficiencia enerxética na Institución Académica

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2023 - O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo un encontro con responsables da Universidade de Vigo no que repasaron as liñas de colaboración desenvolvidas por ambas administracións e abordaron futuros proxectos. Xunto con Vázquez participaron na reunión o vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez, e o adxunto ao Reitor, Jacobo Porteiro.

Así as cousas, nesta primeira toma de contacto segundo explicou o secretario xeral de Industria, un dos principais temas de conversa xirou en torno aos proxectos relacionados co hidróxeno, que cualificaron como “un piar enerxético no futuro cun elevado potencial de xeración en Galicia”. Tamén se falou sobre os plans enerxéticos desenvolvidos ata a data pola Universidade de Vigo, e os que ten previsto impulsar no futuro baseados no uso de enerxías renovables para a produción térmica e eléctrica, ademais da implantación de medidas de aforro e eficiencia enerxética na institución académica.

Últimas novas