El delegado territorial de la Xunta en Ourense anuncia una nueva convocatoria del Bono Enerxía Peme

El delegado territorial de la Xunta en Ourense anuncia una nueva convocatoria del Bono Enerxía Peme

O delegado territorial anunciou que o vindeiro 10 de xaneiro abrirá o prazo de solicitudes da nova convocatoria do programa Bono Enerxía Peme,
que contempla 3 M€ para facilitar a mellora das instalacións enerxéticas de ao redor de 700 pemes e autónomos

A intensidade de axuda será do 80 % ata un máximo de 6.000 euros por centro de traballo

Grazas á axuda recibida, este local renovou un forno industrial de gas propano

Ourense, 04 de decembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse esta mañá ao concello de Allariz para visitar o establecemento Bodegón do Encoro; un dos beneficiarios, cunha achega de 6.000 euros, do programa Bono Enerxía Peme da Xunta de Galicia.

O delegado territorial anunciou que acaba de publicarse unha nova convocatoria do Bono Enerxía Peme, que abrirá o prazo de solicitudes o vindeiro 10 de xaneiro, e que contempla 3 M€ para facilitar a mellora das instalacións enerxéticas de ao redor de 700 pemes e autónomos.

Segundo o representante do Goberno galego, o programa aspira a mobilizar 7 M€ de investimentos, así como unha redución do consumo duns 3.400 MWh/ ao ano, unha diminución de emisións equivalente a acción de plantar 51.000 árbores e a creación ou mantemento de 58 postos de traballo.

Gabriel Alén explicou que as axudas cubrirán a instalación de elementos de control solar e térmico; a renovación de equipos de iluminación interior e exterior -incluíndo rótulos e escaparates-, por outros que utilicen tecnoloxía LED; a mellora de eficiencia enerxética en instalacións eléctricas garantindo unha subministración con calidade e fiabilidade; a renovación de equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras; equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria; e sistemas domóticos e inmóticos para xestionar a enerxía e o gasto de forma eficiente. Ademais, mantense a axuda para asesoramento enerxético, consistente na realización de diagnoses e auditorías enerxéticas.

A intensidade de axuda será do 80 % ata un máximo de 6.000 euros por centro de traballo. A axuda do bono asesoramento enerxético non computa a efectos deste límite máximo. Ademais, os beneficiarios poderán solicitar un anticipo de ata o 50 % da axuda sen necesidade da presentación de avais.

Esta é a cuarta convocatoria deste programa que, ata o momento, xa apoiou máis de 2.400 actuacións cunha axuda de 10,17 M€ e que pretende reducir os custos enerxéticos de pemes e autónomos nun contexto de elevado prezo enerxético para aumentar a súa competitividade. Á vez, contribúese a aumentar a seguridade das instalacións, mellorar o medio ambiente e proporciónanse as ferramentas necesarias para avanzar na descarbonización.

Novo equipamento

Grazas á axuda recibida, este local renovou un forno industrial de gas propano. O antigo equipamento era un forno mixto de vapor e seco, de alto consumo e baixa eficiencia, do que parte da enerxía se disipaba na evaporación da auga, así como nas deficiencias de illamento.

O novo equipamento é un forno Icombi Classic, da marca Rational, que está dotado de tecnoloxías que permiten unha maior optimización do combustible empregado. Ao substituír o equipamento conséguese un aforro de aproximadamente un 27 % no consumo inicial.

Últimas noticias