La Xunta presenta en Sevilla a Galicia como un territorio estratégico para desarrollar una minería de vanguardia

La Xunta presenta en Sevilla a Galicia como un territorio estratégico para desarrollar una minería de vanguardia

Sevilla, 20 de outubro de 2026

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, reivindicou hoxe en Sevilla o potencial de Galicia como un territorio estratéxico para desenvolver unha minería de vangarda: moderna, sustentable e competitiva.

Fernández Vila participou esta tarde nunha mesa redonda sobre minería no marco da VI edición do Mining and Minerals Hall (MMH), que este ano conta con Galicia como comunidade invitada e con expositor propio nesta feira.

Na súa intervención, explicou que o obxectivo do Goberno galego é recuperar a capacidade produtiva desta industria en Galicia, xerando un marco de confianza e colaborando cos axentes privados para adaptarse a unha nova realidade industrial. Así, segundo apuntou, trátase de transformar a maneira de entender o sector desde a tecnoloxía, a innovación e o coñecemento, “co compromiso das persoas, o territorio e a excelencia ambiental como principios esenciais”.

Últimas noticias