La Xunta destaca las cualidades de Galicia para liderar el despliegue de las energías marinas

La Xunta destaca las cualidades de Galicia para liderar el despliegue de las energías marinas

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visita na localidade portuguesa de Viana do Castelo, o convertedor de enerxía das ondas que obtén o primeiro certificado de prototipo a nivel mundial, o CorPower Ocean

Viana do Castelo (Portugal), 18 de setembro de 2026

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, destacou as capacidades que atesoura a Comunidade galega para liderar o despregamento das enerxías mariñas, incluída a eólica mariña, no Estado. O director xeral realizou esta mañá unha visita ao o convertedor de enerxía das ondas que obtén o primeiro certificado de prototipo a nivel mundial, o CorPower Ocean, emprazado na localidade portuguesa de Viana do castelo

Logo do percorrido, o director aproveitou para recordar que a Xunta de Galicia está a desenvolver o proxecto Innomar, que actualmente está na fase de diálogo competitivo e analizando as propostas de solución achegadas polos candidatos. Neste senso, recordou que Galicia xa conta cunha zona experimental autorizada onde se poden testear os prototipos de enerxía undimotriz. Un espazo que, segundo lembrou Fernández Vila, o Goberno galego aspira a darlle un impulso a través do dito proxecto Innomar, que pretende o desenvolvemento dun multiconector flotante ao que conectar os prototipos. Unha iniciativa estratéxica orientada ao impulso das enerxías renovables mariñas e á monitorización medioambiental.

Últimas noticias