La Alianza Industrial Galega del Hidróxeno Verde completa la puesta en marcha de sus cuatro comités ejecutivos

La Alianza Industrial Galega del Hidróxeno Verde completa la puesta en marcha de sus cuatro comités ejecutivos

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta mañá na reunión do Comité Executivo de Proxectos Tractores e Infraestruturas no que se expuxo a folla de ruta a seguir durante este ano

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023 A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta mañá na posta en marcha do Comité Executivo de Proxectos Tractores e Infraestruturas da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde. Con este xa están activos os catro comités que forman a gobernanza da Alianza, pois xa comezaron os traballos dos comités executivos de Instrumentos e Normativa, de Capacidades Industriais e de Formación e Innovación.

Neste cuarto comité creado no marco da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, expúxose a folla de ruta para o ano 2023 na que se contempla fomentar colaboracións e proxectos conxuntos con compromiso de implantación industrial en Galicia; a análise dos traballos do resto de comités desde a perspectiva de promoción dos proxectos tractores; así como impulsar as infraestruturas necesarias que se precisan para desenvolver estas iniciativas empresariais. Especialmente, no eido da planificación eléctrica -desde a Xunta xa se trasladou ao Goberno a necesidade de contar con 1200MW adicionais para a posta en marcha de novos proxectos antes de 2026- e dos gases renovables, a través do corredor atlántico do hidróxeno verde. O obxectivo da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, como instrumento de colaboración público-privada promovido pola Xunta de Galicia -e que está formada por 10 asociacións e clústers do sector que representan 700 empresas, centros de coñecemento, a CEG, os sindicatos, así como as autoridades portuarias da Coruña, Ferrol e Vigo e empresas tractoras como Enagás, Iberdrola, Reganosa, Navantia, Repsol ou Ence- é maximizar as posibilidades de atracción de proxectos e impulsar e consolidar un novo tecido industrial, vinculado a este vector enerxético.

Últimas noticias