La Xunta aborda con Asime las medidas a incluir en el anteproyecto del Plan director de la industria metalmecánica
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, participou neste encontro, que se enmarca na rolda de contactos que a Xunta está mantendo cos diferentes clústeres para a elaboración dos distintos plans directores
O Goberno galego busca “identificar as cuestións críticas” que teñen hoxe en día as empresas do sector para despois definir as medidas máis acaídas
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2026
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, mantivo hoxe un encontro de traballo con representantes da Asociación da industrias do metal e tecnoloxías asociadas de Galicia (Asime), e cunha trintena de empresas vinculadas, para abordar as medidas a incluír no anteproxecto do Plan director da industria metalmecánica.
O encontro, que se enmarca na rolda de contactos que a Xunta está mantendo cos diferentes clústeres para a elaboración dos distintos plans directores, tiña por obxectivo “identificar as cuestións críticas que teñen hoxe en día as empresas do sector”, dixo, para despois definir as medidas máis acaídas en coordinación cos diferentes departamentos da Administración autonómica.
Trátase dun fito máis no proceso de redacción do anteproxecto do plan director da industria metalmecánica que é un dos nove sectores declarados estratéxicos pola Xunta e que, polo tanto, van contar con esta folla de ruta específica para promover a competitividade tecnolóxica, o emprego e a internacionalización da industria. Os restantes son o da automoción, a construción naval, o sector forestal-madeira, a industria das TIC, o da loxística industrial, a industria da alimentación, o sector téxtil e confección, e a industria da construción.
Neste momento, están aprobados os plans directores dos sectores da automoción e do naval; presentarase este mes de xuño o da industria forestal-madeira; e tamén esta próxima a aprobación do plan elaborado para o sector TIC.