La Xunta apuesta por el desarrollo de una eólica marina que garantice la coexistencia con otros sectores y con el medio

La Xunta apuesta por el desarrollo de una eólica marina que garantice la coexistencia con otros sectores y con el medio

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, participa na xornada Aowinde

Destaca o potencial de Galicia neste ámbito e o papel da eólica mariña como elemento tractor na cadea de valor da industria

Pon en valor a súa contribución á descarbonización e á independencia enerxética

Vigo, 3 de decembro de 2024

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, subliñou hoxe a aposta da Xunta por un desenvolvemento da eólica mariña que garanta a coexistencia con outros sectores e tamén a compatibilidade co medio.

Vázquez participou na Xornada Atlantic Offshore Wind Energy: posta en valor da eólica mariña e a súa complementariedade con outros sectores onde destacou o potencial da Comunidade galega neste ámbito e o papel da eólica mariña como elemento tractor de toda cadea de valor da industria e como xerador de riqueza.

Neste sentido, loubou a importancia de proxectos como a Aowinde na que a Xunta colabora con Portugal para impulsar o crecemento da enerxía eólica mariña na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal mediante a colaboración público-privada.   

Durante a súa intervención, tamén resaltou a contribución da eólica mariña á descarbonización e independencia enerxética da Eurorrexión, en concreto para a mitigación do cambio climático, a redución do consumo dos combustibles fósiles, a mellora da saúde da sociedade, a minoración de importacións, o desenvolvemento de emprego de calidade e a atracción das industrias verdes.

Ademais, Nicolás Vázquez puxo en valor a Lei de Recursos Naturais de Galicia, aprobada no Parlamento galego en outubro, co obxectivo de que o aproveitamento dos recursos naturais xere beneficios económicos e sociais en zonas nas que se implantan este tipo de instalacións. A isto hai que sumar que Galicia xa conta co Observatorio da Eólica Mariña que naceu coma un foro de diálogo ou punto de encontro para analizar o impacto desta actividade e as posibilidades que ofrece o seu desenvolvemento en Galicia.

Finalmente o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, destacou a implicación e a colaboración público-privada que comparten Galicia e Portugal e, agradeceu a todos os axentes que colaboran no proceso para que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal avance e sexa máis verde e sustentable.

Últimas noticias