La Xunta avanza con el ayuntamiento de Mos en un proyecto para la instalación de infraestructuras de energía renovable en las áreas empresariales del municipio

La Xunta avanza con el ayuntamiento de Mos en un proyecto para la instalación de infraestructuras de energía renovable en las áreas empresariales del municipio

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo esta semana un encontro coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e representantes da asociación de empresarios Aemos e da Mancomunidade do Polígono do Rebullón

A idea é realizar un estudo de viabilidade previo para avaliar a posibilidade de instalar paneis fotovoltaicos no parque empresarial
 

Mos (Pontevedra), 1 de setembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo esta semana un encontro coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e con representantes da asociación de empresarios Aemos e da Mancomunidade do Polígono do Rebullón, para falar sobre o proxecto que prevé a instalación de infraestruturas de enerxía renovable nas áreas empresariais do municipio.

A idea é realizar un estudo de viabilidade previo para avaliar a posibilidade de instalar paneis fotovoltaicos no parque empresarial, de tal xeito que as empresas poidan acceder a un prezo enerxético máis competitivo través dun contrato de compravenda de enerxía a longo prazo (PPA).

Trátase dun proxecto piloto no que a Xunta de Galicia colabora, consciente de que no actual escenario de transición enerxética o tecido empresarial ten unha oportunidade para mellorar a competitividade e a produtividade incrementando a eficiencia e a sustentabilidade.

De feito, un dos obxectivos da sociedade mixta que se vai crear ao abeiro da Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia será promover nos parques empresariais galegos este tipo de proxectos. É unha solución que non supón custo algún para as empresas, máis aló do custo do MWh que se acorde no contrato PPA, o que lles garante o acceso a un prezo eléctrico fixo máis competitivo que o de mercado.

 

Últimas noticias