La Xunta destaca en Cerdedo Cotobade el potencial de la biomasa para fomentar la descarbonización y la eficiencia energética en el rural

La Xunta destaca en Cerdedo Cotobade el potencial de la biomasa para fomentar la descarbonización y la eficiencia energética en el rural

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou esta mañá na apertura da Xornada sobre o uso de bioenerxía en comunidades enerxéticas, no marco do proxecto Aldealix que promove a Xunta de Galicia

Cerdedo Cotobade (Pontevedra), 5 de novembro de 2026

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, salientou hoxe o potencial que ten a biomasa para fomentar a descarbonización e a eficiencia enerxética no rural, un dos obxectivos do proxecto Aldealix, que promove a Xunta de Galicia.

Fernández Ríos participou esta mañá na apertura da Xornada sobre o uso de bioenerxía en comunidades enerxéticas, celebrada en Cerdedo Cotobade, onde puxo en valor a importancia deste proxecto que demostra, dixo, como a biomasa que se xera localmente pode ser “unha alternativa viable para producir enerxía de proximidade, promover a autosuficiencia enerxética e valorizar produtos do recurso forestal”.

O proxecto Aldealix, no que participan a Xera e a Consellería do Medio Rural entre outras entidades, inclúese dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (Poctep) e pon en práctica exemplos de abastecemento de enerxía a vivendas e edificios públicos a partir da biomasa forestal, así como a creación de pequenas redes de calor no rural.

Últimas noticias