La Xunta destaca la importancia del sector minero en la transición hacia una economía digitalizada y descarbonizada

La Xunta destaca la importancia del sector minero en la transición hacia una economía digitalizada y descarbonizada

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asiste hoxe á XVII Edición dos Premios Santa Bárbara organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2024

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, salientou hoxe a importancia do sector mineiro na transición cara a unha economía dixitalizada e descarbonizada que requirirá materias primas e procesos de produción eficientes.

Fernández Vila asistiu á XVII Edición dos Premios Santa Bárbara organizada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia onde explicou que seguindo a folla de ruta da Axenda de impulso da minería sostible de Galicia 2030, a Xunta aspira a converter este sector nun aliado estratéxico para a modernización das principais cadeas de valor industrial.

Neste sentido, lembrou que o Goberno galego está a traballar no primeiro Plan de desenvolvemento dos dereitos mineiros de Galicia que ten o obxectivo de impulsar a investigación de materiais minerais fundamentais para sectores estratéxicos da economía de cara ao seu futuro aproveitamento.

Durante a súa intervención, Fernández Vila tamén puxo en valor a Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que fagan uso dos recursos naturais de Galicia aprobada no Parlamento de Galicia o pasado mes de outubro.

Segundo explicou, esta lei pretende garantir a riqueza social e económica para os territorios onde se implanten proxectos como poden ser os mineiros. Ademais, destacou que o texto vela por que as explotacións mineiras sigan asegurando a xeración de beneficios nos concellos: xerando emprego de calidade, fixando poboación, e promovendo unha extracción sustentable.

Finalmente, o director xeral de Planificación e Minas, subliñou o compromiso da Xunta con este sector, así como a colaboración permanente da Cámara coa Administración autonómica; e destacou o carácter transversal da minería, con sinerxías no ámbito das enerxías renovables, a automoción, a aeronáutica, o turismo, ou a construción.

Últimas noticias