La Xunta evalúa con el Comité Executivo de Enerxía la situación de los nudos de transición justa

La Xunta evalúa con el Comité Executivo de Enerxía la situación de los nudos de transición justa

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta semana á reunión deste órgano dependente do Consello Galego de Economía e Competitividade

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2023 O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta semana á reunión do Comité Executivo de Enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade, na que se avaliou a situación dos nós de transición xusta correspondentes a Meirama e  As Pontes.

Tras o peche das dúas centrais eléctricas, o comité considera fundamental poder aproveitar a capacidade destes nós para favorecer a reindustrialización e transformación da zona a través de diferentes proxectos que garantan este novo desenvolvemento na zona debido aos compromisos adquiridos nun concurso de transición xusta. Deste xeito, concluíuse que a capacidade destes nós debería quedar dispoñible para o concurso orientado aos novos proxectos con interese en implantarse en Galicia, a pesar de que nos últimos datos que publica Rede Eléctrica non toda a potencia que se perde aparece dispoñible. Neste sentido o comité agarda que se cumpra cos compromisos adquiridos polo Goberno central para a convocatoria dos concursos dos nós de transición xusta vinculándoo a compromisos industriais.

Últimas noticias