La Xunta moviliza 7,5 M€ para impulsar la eficiencia energética y la sostenibilidad en las empresas gallegas

La Xunta moviliza 7,5 M€ para impulsar la eficiencia energética y la sostenibilidad en las empresas gallegas

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou a empresa Intasa, beneficiaria destas achegas

A convocatoria actual mantén aberto o prazo de solicitudes ata o 15 de setembro

San Sadurniño (A Coruña), 21 de maio de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá, xunto ao director territorial da Consellería de Economía e Industria, Isidoro Martínez, e o alcalde de San Sadurniño, Secundino García, as instalacións da empresa madeireira Intasa. Alí foron guiados polo director da fábrica, Antonio Campo, o director industrial corporativo, Luis García, o director de I+D, Javier Viña, e o director forestal, Alfredo Loureiro.

Intasa foi unha das empresas beneficiarias da pasada convocatoria das axudas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética na empresas, recibindo preto de 195.000 euros para a substitución das bandas e ferodos por uns máis adecuados. Con estes traballos, reduciron o consumo enerxético en 413.935 kWh/ano de enerxía final, o que representa un 10,42% do consumo inicial. Por outra banda, o aforro en emisións é de 113,59 tn/CO2 anuais, un 10,43% das emisións iniciais.

Esta orde, que deixou o pasado ano máis de 205.000 euros en achegas no ámbito da Delegación, conta cun orzamento de 7,5 M€ para as anualidades 2026 e 2027. Tanto grandes empresas como pymes poden optar a estas axudas para realizar traballos “que, ademais de impulsar unha industria máis respectuosa co medio ambiente, repercuten positivamente nas facturas enerxéticas”, explicou Aneiros.

A representante do Goberno galego recordou que o prazo de solicitude da actual convocatoria está aberto ata o 15 de setembro e que a contía da axuda poderá ir dende o 20% ata o 55% do custo subvencionable da actuación.

Últimas noticias