La Xunta presenta las alegaciones al borrador de la nueva planificación de la red de transporte de energía eléctrica

La Xunta presenta las alegaciones al borrador de la nueva planificación de la red de transporte de energía eléctrica

Lorenzana asegura que o Goberno “está deixando pasar uns anos que son fundamentais para atraer novos investimentos”

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reiterou hoxe que o borrador da nova planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica “chega tardísimo” e está ralentizando o desenvolvemento industrial en España.

Lorenzana informou hoxe de que o Goberno galego vén de presentar as alegacións a este documento que onte mesmo avaliou o Consello da Xunta e que, dixo, discrimina Galicia cun investimento “moi pobre” de pouco máis de 200 millóns de euros, en torno ao 2 por cento dun total de máis de 13.000 millóns.

A conselleira explicou que o que Galicia demanda é fortalecer toda a rede de transporte eléctrico na comunidade e, fundamentalmente, naquelas zonas que resultan máis prexudicadas coa planificación proposta, como a zona centro e oeste da provincia de Lugo “que queda condenada a que non existan grandes e medianas empresas”, dixo, así como a zona de Curtis-Teixeiro e as de transición xusta nas Pontes e Meirama.

“É unha tristeza ver que o Goberno de España, que está agora mesmo distraído noutros temas que nada teñen que ver coa xestión do país e co seu desenvolvemento económico, non pode atender un problema principal como é o transporte de enerxía para os proxectos industriais e que, polo tanto, está deixando pasar uns anos que son fundamentais para atraer novos investimentos”, dixo.

Últimas noticias