La Xunta recuerda que el plazo para solicitar las ayudas para proyectos de energía solar fotovoltaica está abierto hasta el 2 de marzo

La Xunta recuerda que el plazo para solicitar las ayudas para proyectos de energía solar fotovoltaica está abierto hasta el 2 de marzo

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, deu conta desta orde de axudas durante a visita á empresa Megamalla, S.L., beneficiario da pasada convocatoria

Lembra que está dirixida a empresas, administracións locais e entidades sen ánimo de lucro

Narón (A Coruña), 10 de febreiro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol achegouse esta mañá ao concello de Narón para supervisar o resultado da instalación de paneis solares na empresa Megamalla, S.L., beneficiaria das axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica que convoca o Instituto Enerxético de Galicia (Inega). Concretamente, o proxecto percibiu unha achega de 50.000 euros

A través desta liña de axudas que se conceden en réxime de concorrencia competitiva e que na última convocatoria deixou máis de 142.000 euros en axudas a cinco proxectos da área territorial, a Xunta busca fomentar o autoconsumo eléctrico a través de fontes de enerxía renovable.

A delegada territorial explicou durante a visita que esta convocatoria vén de abrir o prazo de solicitudes deste ano. Así, tanto empresas como administracións locais e entidades sen ánimo de lucro dispoñen ata o próximo 2 de marzo para solicitar estas subvencións, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.

A orde de axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica está enmarcada dentro da Axenda Enerxética de Galicia 2030, que marca os obxectivos intermedios a finais desta década para acadar a neutralidade climática en 2050, e que conta para esta anualidade cun orzamento de 6,5 M€. A intensidade máxima da axuda será do 60% da actuación subvencionable, agás para as empresas que será do 30%, cun importe máximo por proxecto de 150.000€.

“Estas subvencións inciden no aforro e na eficiencia enerxética a partir de fontes renovables, que é un dos compromisos da Xunta para contar cunha Galicia máis verde; neste caso, a través da enerxía fotovoltaica que ten un reducido impacto ambiental que, polo seu carácter de recurso autóctono, favorece a redución de emisións de CO; o autoabastecemento e a seguridade no suministro a prezos competitivos”, destacou a delegada.

Últimas noticias