La Xunta señala las zonas experimentales como espacios clave para avanzar en el desarrollo de la eólica marina en Galicia

La Xunta señala las zonas experimentales como espacios clave para avanzar en el desarrollo de la eólica marina en Galicia

Lembra que a Comunidade quere estar na primeira poxa de megavatios de eólica mariña que se convoquen en España para aproveitar a oportunidade de estar á vangarda desta tecnoloxía

Pon en valor o proxecto Innomar, dirixido a avanzar no desenvolvemento das enerxías renovables mariñas a través da instalación do primeiro prototipo flotante destas características na contorna de Punta Langosteira, na Coruña, que permitirá monitorizar e evacuar a enerxía xerada polas ondas e as correntes

Ferrol, 25 de maio 2026

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá no obradoiro Eólica offshore e enerxías mariñas, que tivo lugar no CIS Ferrol organizado por Asime, onde subliñou o interese de Galicia por estar na primeira poxa de eólica mariña que convoque o Estado. Aproveitou tamén para destacar a necesidade de impulsar zonas experimentais para avanzar no estudio do medio mariño, a biodiversidade e os recursos enerxéticos renovables á vez que se promove o desenvolvemento desta tecnoloxía.

Fernández Vila lembrou o interese de Galicia por participar na primeira poxa de megavatios de eólica mariña que se convoquen en España para “non perder a oportunidade de posicionarnos  á vangarda desta tecnoloxía e converter este sector nunha industria tractora de toda a cadea de valor, que atraia riqueza e xere novos postos de traballo”. E, ao fío, insistiu na postura que a Administración galega vén defendendo desde hai tempo e que aposta pola coexistencia  e compatibilidade do desenvolvemento deste sector co medio mariño e coas actividades existentes.

O director xeral de Planificación Enerxética destacou á Comunidade galega como unha das rexións europeas con maior potencial de enerxías renovables mariñas que conta cunha área de ensaio en Punta Langosteira, onde se desenvolven actividades para favorecer o desenvolvemento tecnolóxico e de estudios relacionados co medio mariño, en liña  cos obxectivos da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e da Axenda Enerxética de Galicia 2030.

Pablo Fernández Vila tamén aproveitou para apuntar que, na actualidade, un dos principais retos aos que ten que facer fronte esta tecnoloxía son as limitacións para evacuar as enerxías mariñas a terra. Unha limitación que podería superarse coa contribución do proxecto Innomar, actualmente en licitación e que promove o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para avanzar no desenvolvemento das enerxías renovables mariñas a través da instalación do primeiro prototipo flotante destas características na contorna de Punta Langosteira, na Coruña, que permitirá monitorizar e evacuar a enerxía xerada polas ondas e as correntes.  

O director xeral recordou que non existe ningunha zona experimental de enerxías do mar a nivel nacional que dispoña dun sistema multiconector similar ao que está previsto desenvolver na costa coruñesa, que permita unha evacuación posterior da enerxía xerada a terra nunha única liña para minimizar calquera posible impacto sobre o medioambiente ou outras actividades do mar. Unha solución que ademais posibilitará o autoconsumo nas áreas próximas.

Últimas noticias