La Xunta subraya que la Unidad Mixta de la EDAR de Bens posiciona Galicia como un referente en proyectos que combinan la gestión de residuos con las renovables

La Xunta subraya que la Unidad Mixta de la EDAR de Bens posiciona Galicia como un referente en proyectos que combinan la gestión de residuos con las renovables

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nunha xornada sobre este proxecto, que ten capacidade para cubrir as necesidades enerxéticas anuais de preto de 2.800 vivendas e abastecer unha frota de 3.000 turismos ou máis de 60 buses urbanos


A iniciativa, xunto cunha Unidade Mixta previa que sentou as bases da actual, supón un investimento total de 6,3M€, cun apoio de 1,9M€ por parte da Administración autonómica

 

Este ano vanse mobilizar 24,5 millóns de euros para apoiar seis novas Unidades Mixtas e tres centros de investigación empresarial
 

A Coruña, 17 de xaneiro de 2023 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinalou hoxe que a Unidade Mixta de gas renovable, na que colaboran Naturgy, EnergyLab e a EDAR de Bens, co apoio da Xunta, posiciona Galicia como un referente en proxectos que combinan a xestión de residuos co desenvolvemento de enerxías renovables.

Segundo o vicepresidente económico, trátase dunha aposta clara polo talento e permite á estación depuradora coruñesa dar un salto cara á consideración de biorrefinería. Conde resaltou así mesmo a colaboración público-privada neste proxecto e a aposta pola transferencia de coñecemento.

O proxecto, grazas ao módulo de inxección de gas renovable á rede xa instalado, ten capacidade para cubrir as necesidades enerxéticas anuais de preto de 2.800 vivendas e abastecer unha frota de 3.000 turismos ou máis de 60 buses urbanos. Así, permite xerar enerxía limpa para os fogares, a industria e os novos modelos de mobilidade urbana.

A Unidade Mixta de gas renovable, xunto cunha Unidade Mixta previa que sentou as bases da actual e na que colaboraron Naturgy e EnergyLab, supón un investimento total de 6,3 millóns de euros, cun apoio de 1,9 millóns de euros por parte da Administración autonómica, a través da Axencia Galega de Innovación.

A iniciativa forma parte do programa de Unidades Mixtas, co que este ano se van mobilizar 24,5 millóns de euros para apoiar seis novas Unidades Mixtas e tres centros de investigación empresarial. O obxectivo é desenvolver proxectos de I+D+i de alto impacto, xerar emprego cualificado, impulsar a transferencia de coñecemento á industria e captar investimentos. Desde a posta en marcha do programa en 2014, son 39 empresas e 14 centros de coñecemento os que levan participado nesta iniciativa impulsada pola Administración autonómica, con arredor de 650 postos de traballo vinculados.

Últimas noticias