Lorenzana destaca la apuesta de la Xunta por abrir las puertas al capital inversor que moviliza la transición energética

Lorenzana destaca la apuesta de la Xunta por abrir las puertas al capital inversor que moviliza la transición energética

Ratifica que a Administración autonómica traballa por xerar un clima favorable para a actividade empresarial para que a economía galega siga crecendo, xerando emprego de calidade e captando novos proxectos

Asegura que, no actual contexto, Galicia ten que ser a opción porque ten capacidade instalada para converterse nun referente da industria verde

Vigo, 17 de novembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, salientou hoxe a aposta que está facendo a Xunta de Galicia por abrir as portas ao capital investidor que mobiliza a transición enerxética, ofrecendo simplificación administrativa, seguridade xurídica e estabilidade.

Así o manifestou esta noite durante a súa intervención no acto de celebración do décimo aniversario de BNI Galicia, onde apuntou que a Administración autonómica traballa por xerar un clima favorable para a actividade empresarial, para que a economía galega siga crecendo, xerando emprego de calidade e captando novos proxectos. Así, recoñeceu que o papel que teñen que desempeñar as administracións é o de acompañar o tecido empresarial poñendo ao seu alcance todas as facilidades posibles para que poida dar o salto dixital, integrar a enerxía renovable e revalorizar a súa cadea de produción ou o seu negocio a través da I+D+i.

No actual contexto, dixo, Galicia ten que ser a opción porque ten capacidade instalada para converterse nun referente da industria que vén, dixo, da industria verde. A conselleira concluíu felicitando a BNI polo seu labor como nexo de unión e punto de conexión entre empresas e por compartir coa Administración autonómica a necesidade de estar ao carón do tecido empresarial.

Últimas noticias