Lorenzana destaca la apuesta que está haciendo por Galicia el principal centro tecnológico aeroespacial de España

Lorenzana destaca la apuesta que está haciendo por Galicia el principal centro tecnológico aeroespacial de España

Catec leva anos traballando en Galicia vinculado ao Parque Empresarial de Rozas (Castro de Rei)

Lorenzana avanza que, en breve, a Xunta vai anunciar os novos acordos de asociación, nos que participarán centros tecnolóxicos con grandes empresas e pemes galegas

Lembra que o Goberno galego mantén aberta unha liña de axudas para certificacións, que permite a empresas doutros sectores acreditarse para participar no mercado da defensa

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe a aposta que está facendo por Galicia o que é o maior centro tecnolóxico español en materia aeroespacial e de defensa, o Centro Avanzado de Tecnoloxías Aeroespaciais (Catec), que considerou unha mostra do potencial que actualmente teñen estes sectores na comunidade.

Acompañada do secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, Lorenzana visitou hoxe en Santiago de Compostela a sede que este centro ten en Galicia, onde leva anos traballando vinculado ao Parque Empresarial de Rozas (Castro de Rei), en proxectos tractores promovidos alí, entre outros, por grandes firmas do sector como Telespazio, Avincis, Airbus, Aertec-Tecnobit e Indra. Galicia é, xunto con Andalucía e Madrid, unha das cinco sedes coas que conta Catec en toda España.

“Desde o ano 2015 en que comezamos os traballos en Rozas do que foi a CUI (Civil UAVs Inititive), que agora evolucionou á actual Estratexia de Defensa, Seguridade e Aeroespazo, foi un centro tecnolóxico importante colaborador e socio con outras empresas galegas que están facendo agora traballos, servizos e tecnoloxía de primeiro orde a nivel internacional”, apuntou.

No marco desta estratexia, que vai mobilizar 900 millóns de euros, a conselleira avanzou que, en breve, a Xunta vai anunciar os novos acordos de asociación, nos que participarán centros tecnolóxicos con grandes empresas e pemes galegas “para continuar evolucionando un sector económico que en Galicia ten moitísimas potencialidades”, sinalou.

Un sector enfocado ao desenvolvemento de tecnoloxías duais (que poden empregarse tanto no ámbito comercial como da defensa), e que poden ser obxecto de interese por parte de empresas da industria da automoción, o naval, as TIC, etc. Por iso, con ese obxectivo, Lorenzana lembrou que a Xunta mantén aberta unha liña de axudas para certificacións, que permite a empresas doutros sectores acreditarse para participar no mercado da defensa.

Últimas noticias