Lorenzana se reúne con los ganadores de los Premios Energéticos 2025, que otorga Cluergal

Lorenzana se reúne con los ganadores de los Premios Energéticos 2025, que otorga Cluergal

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro cos gañadores dos premios Enerxéticos 2025, que outorga o Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) para recoñecer o labor dos profesionais que traballan neste sector en Galicia.

Neste edición, fóronlle concedidos a María Couto, directora corporativa de Xeal; Andrés Montero, delegado de operacións de Nedgia en Galicia; Laura Rodríguez, enxeñeira de Instra Ingenieros; Santiago González, consultor de Integria; Luz Rivas, directora de Zona en PreZero España; e Pablo Echegaray, xerente de Garaysa.

Lorenzana indicou que Cluergal será un dos interlocutores na Mesa Industrial Eólica que se vai constituír para a elaboración do novo Plan Eólico que, segundo dixo, ten un dobre obxectivo: non só incrementar a xeración renovable en Galicia, senón crear máis emprego asociado á industria do mantemento e fabricación de compoñentes.

Últimas noticias