Lorenzana subraya la preocupación del Gobierno gallego ante la incapacidad del Estado para desarrollar la red eléctrica, fundamental para suministrar energía a proyectos clave para Galicia
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, se reuniu esta tarde co responsable da zona noroeste de UFD, con quen analizou o escenario enerxético da comunidade galega
Pontevedra, 20 de marzo de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, subliñou hoxe a preocupación do Goberno galego pola situación actual da rede de transporte e distribución en Galicia, cuxa incapacidade para subministrar e evacuar enerxía eléctrica está a dificultar a implantación e desenvolvemento de numerosos proxectos industriais e enerxéticos estratéxicos para Galicia.
A conselleira, acompañada do secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e do director de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, mantivo unha reunión de traballo co director da zona noroeste de UFD e delegado do Grupo Naturgy en Galicia, Gerardo Miguel Rodríguez Martínez, para analizar esta cuestión e buscar novas vías de colaboración.
Finalmente, a conselleira de Economía e Industria insistiu na necesidade de que o Goberno central axilice a planificación eléctrica para os vindeiros anos e atenda as necesidades trasladadas desde a Xunta, por ser unha das comunidades autónomas con maior desenvolvemento renovable cunha decena de proxectos industriais pendentes de contar con esta infraestrutura.