Lorenzana viaja a Viena para conocer el modelo austriaco de arquitectura en madera y visitar una de las principales ferias europeas de energía
Lorenzana viaja a Viena para conocer el modelo austriaco de arquitectura en madera y visitar una de las principales ferias europeas de energía
A industria forestal de Austria é un dos motores económicos e de innovación máis importantes do país, cun modelo de referencia en construción en madeira
Galicia é membro da Plataforma Europea da Política da Madeira, European Wood Policy Platform (WoodPop), un foro de diálogo político e cooperación fundado por Austria e Finlandia para impulsar o uso sustentable da madeira e o seus derivados
A conselleira reunirase con representantes gubernamentais e visitará un dos edificios híbridos de madeira e formigón máis altos do mundo
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, inicia hoxe unha viaxe de dous días a Viena para coñecer de preto o modelo austríaco de arquitectura en madeira e visitar unha das principais feiras europeas de enerxía, Enlit Europe.
A industria forestal de Austria é un dos motores económicos e de innovación máis importantes do país, que destaca pola súa extensa experiencia en xestión sustentable dos bosques e por ser un referente en arquitectura e enxeñaría en madeira.
Galicia é membro da Plataforma Europea da Política da Madeira, European Wood Policy Platform (WoodPop), un foro de diálogo político e cooperación paneuropeo fundado en 2021 por Austria e Finlandia para impulsar o uso sustentable da madeira e dos produtos derivados dela. A comunidade autónoma participa activamente nesta iniciativa a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera).
Neste ámbito, Lorenzana manterá mañá unha reunión con representantes do Ministerio Federal Austríaco de Agricultura e Silvicultura, Clima e Protección do Medio Ambiente, Rexións e Xestión da Auga -departamento encargado de deseñar a política forestal austríaca- e visitará un dos rañaceos en madeira e formigón máis altos do mundo, o HoHo Wien.
Por outra banda, o xoves, a conselleira tamén visitará Enlit Europe, un dos principais encontros profesionais europeos dedicados á transformación do sector enerxético e ás redes intelixentes, que se celebra ata o vindeiro día 12 en Viena. A feira reúne a empresas, administracións, operadores de redes e fabricantes, entre outros axentes do sector.