Rueda destaca en Carballeda de Valdeorras el modelo gallego de minería sostenible como ejemplo de desarrollo con futuro

Rueda destaca en Carballeda de Valdeorras el modelo gallego de minería sostenible como ejemplo de desarrollo con futuro

Destaca que a minaría é un motor económico para Galicia, que concentra o 9,5% da produción mineira nacional e lidera o ámbito da pedra natural, cunha presenza destacada nas explotación de lousa ornamental de España

A Xunta puxo en marcha recentemente a primeira convocatoria en 13 anos de concursos de dereitos mineiros para a investigación, ademais de convocar en breve a primeira reunión do Consello da Minaría de Galicia

Carballeda de Valdeorras (Ourense), 30 de xullo de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a mina A Fraguiña, no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, onde puxo en valor o papel estratéxico que desempeña o sector mineiro en Galicia como motor de crecemento económico, xerador de emprego de calidade e exemplo de aproveitamento sustentable dos recursos naturais.

Así, acompañado por responsables do sector e autoridades locais, o titular do Executivo galego sinalou que esta explotación representa o modelo de desenvolvemento que defende a Xunta, “sostible, respectuosa co medio ambiente, con futuro e ben planificada”.

Rueda destacou a importancia desta zona, que conta cunha longa tradición mineira e está a piques de converterse no primeiro Concello Mineiro de Galicia; un recoñecemento que, segundo subliñou, evidencia a súa achega histórica e presente ao conxunto do país, e é un exemplo de que a “Galicia Calidade tamén existe na minaría”. Ademais, o presidente salientou que a minaría é un “motor económico” para a nosa comunidade. Galicia concentra o 9,5% da produción mineira nacional e lidera o ámbito da pedra natural, cunha presenza destacada nas explotacións de lousa ornamental en España, factores que consolidan a súa posición como referente europeo neste eido.

O titular do Goberno galego remarcou o compromiso da Xunta cunha minaría do século XXI que combine rendemento económico, responsabilidade social e protección ambiental, e que ademais axuda a fixar poboación no rural. Neste contexto enmárcase a Lei de Recursos Naturais, xa en vigor, e coa que se pretende garantir que a riqueza derivada da produción eólica, hidráulica ou xeolóxica reverta directamente no territorio e na calidade de vida da cidadanía.

A mina A Fraguiña está aliñada cos obxectivos da Axenda de Impulso da Minería Sostible 2030, e recentemente púxose en marcha a primeira convocatoria en 13 anos de concursos de dereitos mineiros para a investigación, cun total de 51 concursos, dez deles na provincia de Ourense.

O xefe do Executivo autonómico tamén avanzou que a Xunta convocará en breve a primeira reunión do Consello da Minaría de Galicia, unha nova ferramenta institucional para reforzar o diálogo e a colaboración co sector.

Últimas noticias