Rueda destaca que proyectos como el de la multinacional SAIC contribuyen a construir una Galicia competitiva e industrial

Rueda destaca que proyectos como el de la multinacional SAIC contribuyen a construir una Galicia competitiva e industrial

“É un gran logro colectivo, síntoma de que aquí se están a facer as cousas ben”, indicou tras salientar a “estabilidade institucional” que ofrece Galicia

Destaca a aposta da Xunta por “aproveitar o potencial” da comunidade en enerxías verdes

Recorda que o próximo Xacobeo 2027 será un evento histórico e constituirá “o mellor escaparate de Galicia cara o mundo”

A Coruña, 16 de xuño de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe por construír unha Galicia competitiva e industrial, un camiño no que chamou a atención sobre a importancia de proxectos como a multinacional chinesa SAIC, que acaba de elixir á comunidade como a súa base en Europa. “É un gran logro colectivo e un síntoma de que aquí se están a facer as cousas ben”, indicou durante a súa participación no V Foro Económico La Galicia que viene, organizado por El Español, Quincemil, Treintayseis e Invertia.

A aposta da empresa automobilística chinesa suporá un investimento de 200 millóns de euros e a creación de 2.300 empregos nunha primeira fase. A medio prazo, permitirá converter a comarca de Ferrolterra nun hub industrial e loxístico de primeira orde. Rueda precisou que, detrás deste investimento, hai un traballo moi intenso e que só é posible grazas aos esforzos previos dun territorio que ofrece “estabilidade institucional e bo clima entre administracións”.

Rueda destacou tamén a aposta que está a realizar a Xunta por “aproveitar o potencial de Galicia” no eido das enerxías. “Temos fontes de enerxía que serán o petróleo do futuro como a auga, o vento, os minerais...”, indicou o presidente para salientar que é fundamental producir enerxía “para abastecer ás industrias” xa existentes na comunidade e atraer novos proxectos.

Ademais, na súa intervención, Rueda lembrou que Galicia está a consolidarse como un referente en I+D e que o Goberno apoia medidas para “atraer inversión e reter talento”. Todo co obxectivo de construír unha Galicia máis competitiva e líder en diferentes eidos, pero sen renunciar a manter “o alto nivel dos servizos públicos” como a educación, a sanidade ou as políticas sociais.

Por último, fixo referencia ao próximo Xacobeo, que se celebrará o próximo ano. Ademais da afluencia récord de visitantes que se espera, e do seu impacto económico, Rueda chamou a atención sobre que o evento servirá tamén para que o mundo enteiro poida coñecer a capacidade, talento e potencial da comunidade autónoma. “Será o gran escaparate de Galicia cara o mundo, marca país e da Galicia Calidade”, indicou.

 

Últimas noticias