Un total de 125 empresas de la provincia de Lugo se beneficiaron el pasado año de las ayudas del Bono Energía Pyme

Un total de 125 empresas de la provincia de Lugo se beneficiaron el pasado año de las ayudas del Bono Energía Pyme

O delegado territorial, Javier Arias, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, explican que estas subvencións van dirixidas a pemes e autónomos do sector servizos para financiar proxectos de mellora enerxética

Hoxe abre o prazo de solicitude das achegas da quinta edición deste programa, que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros

Lugo, 17 de xaneiro de 2025

A Xunta abre hoxe o prazo para que as pemes e autónomos do sector servizos soliciten as axudas do programa Bono Enerxía Peme, orientado a financiar actuacións de mellora enerxética nos centros de traballo.

O delegado territorial, Javier Arias, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitaron na cidade de Lugo un dos negocios beneficiarios na convocatoria de 2024, o restaurante España, que accedeu a estes apoios para instalar un novo equipo de climatización.

No conxunto da provincia, 125 empresas – 39 da capital - sumaron case 550.000 euros en axudas o ano pasado para acometer actuacións de aforro enerxético con cargo a estes incentivos.

As achegas cobren a instalación de elementos de control solar e térmico; a renovación da iluminación interior ou exterior – incluídos rótulos e escaparates – por outros sistemas que empreguen tecnoloxía LED; a mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas garantindo unha subministración con calidade e fiabilidade; a renovación de equipos consumidores de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou frigoríficos sempre que se poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior;   equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria; así como sistemas domóticos ou inmóticos que permitan xestionar o gasto enerxético de forma máis eficiente. Tamén se mantén a axuda para asesoramento enerxético, consistente na realización de diagnoses e auditorías enerxéticas.

Segundo explicaron os dous responsables autonómicos, as solicitudes poden presentarse ata o día 25 de xuño. Trátase dunha convocatoria en concorrencia non competitiva, polo que as axudas concédense por orde de solicitude sempre e cando se cumpran os requisitos esixidos.

As contía da subvención será do 80% do custo da actuacións ata un máximo de 6.000 euros. O programa, xestionado polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), acada a súa quinta edición e conta cun orzamento total de 2,5 millóns de euros.

Últimas noticias