La Xunta apuesta por avanzar en el proceso de descarbonización a través de una movilidad eficiente y sostenible
Ribeira (A Coruña), 12 de xuño de 2026
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, apuntou esta mañá na localidade coruñesa de Ribeira que se Galicia quere avanzar na descarbonización da súa economía “a transición ao ecosistema de mobilidade eléctrica e conectada é fundamental”. Así o manifestou no transcurso do acto de inauguración da VII Feira do vehículo híbrido e eléctrico que se vai celebrar esta fin de semana neste municipio da comarca do Barbanza.
Fernández Vila lembrou que o Goberno galego está a facer unha clara aposta por incentivar a compra de vehículos menos contaminantes e eficientes a través do programa Renova o teu vehículo, que na última edición axudou a que os datos de matriculacións nos catro primeiros meses do ano en Galicia tiveran un repunte do 25 %, tres veces máis que a media nacional. O director xeral aproveitou para subliñar que os apoios da Administración autonómica esténdense a todo o sector da automoción e non só ao consumidor final, grazas a un Plan director que se articula en torno a 67 medidas e que conta cun orzamento que supera os 230 millóns de euros.