PROYECTOS DE INSTALACIONES DE APROVECHAMIENTO DE ENERGÍAS RENOVABLES ELÉCTRICAS Y DE AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN LAS EMPRESAS DE PRODUCCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA
PROYECTOS DE INSTALACIONES DE APROVECHAMIENTO DE ENERGÍAS RENOVABLES ELÉCTRICAS Y DE AHORRO Y EFICIENCIA ENERGÉTICA EN LAS EMPRESAS DE PRODUCCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA
Otras ayudas
Inicio solicitud
Fin solicitud
Año convocatoria
2024
Código(s):
IN421L
Concurrencia:
Competitiva
Fondos:
FEADER (Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural)
A continuación descríbense brevemente as características principais desta convocatoria de axudas, aínda que a información que se considerará oficial a todos os efectos será a publicada na Resolución do 18 de abril de 2024 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) pola que se aproba a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2024 cofinanciadas polo FEADER no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (Código de procedemento IN421L). (DOG do 29 de abril do 2024).
1. Actuacións subvencionables
Serán subvencionables as seguintes actuacións que se executen en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia (consultar listaxe de parroquias elixibles) e presenten un investimento mínimo de 5.000 euros (IVE non incluído):
a) Proxectos de enerxías renovables eléctricas: Serán subvencionables os custes dos investimentos necesarios para o desenvolvemento de instalacións que xeren electricidade a partir de fontes de enerxías renovables. En concreto, serán subvencionables as instalacións de xeración eléctrica mediante tecnoloxía fotovoltaica ou minieólica (aos efectos desta convocatoria considérase minieólica aquelas instalacións cunha potencia nominal inferior ou igual a 100 kW) asociadas a algún centro de traballo do sector agrícola primario na modalidade de subministración con autoconsumo.
Os módulos fotovoltaicos deberán ter unha eficiencia enerxética igual ou superior ao 20% para unha irradiación de 1000 W/m2 e a unha temperatura de 25 ºC.
O investimento elixible máximo por potencia unitaria nominal da instalación será de 1.100 €/kW para instalacións fotovoltaicas e 2.500 €/kW para instalacións minieólicas, IVE non incluído.
Aos efectos destas bases considérase potencia nominal da instalación a potencia mínima entre a potencia nominal dos inversores e o sumatorio da potencia pico dos paneis/aeroxeradores instalados. En instalacións illadas da rede a potencia nominal coincidirá co sumatorio da potencia pico dos paneis/aeroxeradores instalados.
b) Proxectos de aforro e eficiencia enerxética Será subvencionable o sobrecusto de investimento necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética. As actuacións deben xustificar un aforro enerxético mínimo en relación a situación inicial de 0,1 kWh de enerxía final por cada euro de investimento elixible. Non serán subvencionables a instalación de equipos de enerxía alimentados por combustibles fósiles, incluído o gas natural.
2. Características de las ayudas
A convocatoria conta cun orzamento de 1.276.330,00 € financiada con fondos FEADER desagregado por tipoloxía de proxecto conforme ao indicado na seguinte táboa:
Liña de axuda | Total (€) |
RE - Proxectos de enerxías renovables eléctricas | 1.000.000,00 |
PAE - Proxectos de aforro e eficiencia enerxética | 276.330,00 |
Total |
1.276.330,00 |
A concesión das axudas realizarase en réxime de concorrencia competitiva, asignando os fondos en función dos seguintes criterios de baremación:
1. Características técnicas (ata 50 puntos)
Para proxectos de aforro e eficiencia enerxética valorarase o cociente de aforro de enerxía por cada euro de investimento elixible (kWh de aforro/ € de investimento elixible),
Para proxectos de enerxías renovables valorarase:
A) Incidencia do custo enerxético na competitividade do centro de traballo: Valorarase a razón de 3 puntos por cada 1 % que representen os custos enerxéticos da empresa en relación cos custos totais no último exercicio do que se teña información ata un máximo de 30 puntos.
B) Instalacións renovables preexistentes.
• Con instalación preexistente da mesma tecnoloxía renovable: 0 puntos.
• Sen instalación preexistente da mesma tecnoloxía renovable: 20 puntos.
2. Explotacións agrarias prioritarias (ata 20 puntos)
Outórgase 20 puntos as explotacións inscritas na sección de explotacións agrarias prioritarias do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA).
3. Localización xeográfica do proxecto (ata 30 puntos)
Valoraranse os proxectos en función da renda dispoñible bruta por habitante do concello no que se desenvolvan priorizando os que se ubiquen en zonas economicamente menos favorecidas.
A puntuación mínima requirida para que o proxecto cumpra a finalidade da convocatoria e se considere subvencionable se establece en 30 puntos.
3. Presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 30 de abril ás 09:00 horas, e permanecerá aberto ata as 23:59 horas do 29 de maio de 2024.
So se admite a presentación electrónica.
Os interesados realizarán ás solicitudes a través da aplicación informática habilitada para encher os formularios normalizados e presentalos electronicamente xunto coa documentación complementaria dixitalizada que se indica nas bases reguladoras.
4. Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a continuación:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria. Considerarase sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e en concreto as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009 ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades contempladas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2009.
Ós efectos destas bases terase en conta a definición de empresa recollida no anexo I do Regulamento 651/2014 no cal se considerará empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, pública o privada, que exerza unha actividade económica.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no apartado anterior.
5. Período de execución e xustificación actuacións subvencionables
O prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda e rematará 15 de outubro de 2024.
A xustificación por parte beneficiarios deberá realizarse a través da aplicación no prazo límite de 15 de outubro de 2024.
6. Contía máxima das axudas
A contía da axuda será do 30 % do custe elixible da nova instalación, con un máximo de 100.000 euros por proxecto e de 300.000 € por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo no que se establece unha axuda máxima de 500.000 € por proxecto e de 500.000 € por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.
7. Requirimentos de Emenda
Segundo o artigo 24 das bases reguladoras da convocatoria, todas as notificacións realizaranse por medios electrónicos, mediante o sistema de notificación electrónica de Galicia- Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no apartado Notificacións electrónicas.
Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións a súa conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
Todos os trámites administrativos (presentación da solicitude, presentación da documentación requirida…) que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).
8. Documentación complementaria solicitude
- Declaración capacidade administrativa
- Declaración outorgamento representación (Anexo II)
- Declaración responsable para proxectos de instalación de xeración eléctrica (fotovoltaica, minieólica)
- Ficha de consumos proxectos aforro
- Declaración DNSH
Memoria técnica, en función da tipoloxía de proxecto:
- Memoria técnica Fotovoltaica-Minieólica
- Memoria técnica proxectos de aforro en iluminación
- Memoria técnica outros proxectos de aforro
9. Documentación complementaria xustificación
-Declaración proxecto executado e xustificación da publicidade
- Informe técnico actuación realizada
- Declaración do instalador e do beneficiario de que a instalación de autoconsumo clasifícase como autoconsumo con ou sen excedentes
- Modelo placa publicidade
- Modelo certificado finalización instalación
- Anexo III solicitude de pago
10. Acceso a la aplicación informática
Prema para acceder a la aplicación informática de cumplimentación y presentación de solicitudes.
11. Más información
Para solicitar máis información pode poñerse en contacto no teléfono: 881 04 92 09 / 981 54 15 23 / 981 54 15 14.