Aviso legal
Aviso legal
Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o "Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.
A Xunta de Galicia é a titular do subdominio "inega.gal" e dos distintos elementos nel incluídos.
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Cualificación da información
Toda a información dispoñible neste portal terá a categoría de “DIFUSIÓN PÚBLICA”, o que implica, que o seu acceso, descarga e distribución son libres, sen restricións de confidencialidad.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:.
- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
- O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.
Política de cookies
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.
Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.
Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.
Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:
- Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
- Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.
Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:
- Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
- Cookies de terceiros: cando as mesmas envíanse dende un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.
Tipos de cookies segundo a súa finalidade:
- Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do/a usuario/a polo Portal e o emprego dos servizos neste dispoñibles.
- Cookie analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras no mesmo.
- Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias coma, por exemplo, o idioma escollido.
Descrición das cookies
Este portal emprega as seguintes cookies:
| COOKIE | TIPO | TEMPORALIDADE | TITULARIDADE | FINALIDADE |
|---|---|---|---|---|
| xestion_cookies | Técnica | Persistente | Propia | Comproba as cookies aceptadas polo/a usuario/a |
| _ga | Analítica | Persistente | Allea | Distinción entre persoas usuarias |
| _ga_<id> | Analítica | Persistente | Allea | Mantén o estado da sesión |
| Outras cookies en uso por Google Analytics | Analítica, Personalización, Funcionalidade | Persistente, Temporal | Allea | Diferencian ás persoas visitantes e analizan o seu comportamento en liña |
| Outras cookies presentes ao facer uso dos servizos de Google | Funcionalidade, Seguridade, Analítica, Publicidade e Personalización | Persistente, Temporal e Sesión | Allea | Melloran a seguridade e experiencia de uso das persoas usuarias na súa navegación |
As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son de dous tipos:
- Analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos persoais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en Xestión das cookies.
- Técnicas (redes sociais): permiten compartir o contido do Portal nas redes sociais de Facebook e Twitter e só se descargan polas propias redes sociais no caso de que as persoas usuarias empreguen esta funcionalidade e accedan ás ligazóns. A información recollida por estas cookies é almacenada e xestionada directamente por Facebook e Twitter. Estas empresas realizan transferencias de datos a países fora da Unión Europea, polo que recomendamos consultar as súas políticas mediante as ligazóns facilitadas no cadro.
Transferencia Internacional de datos de cookies propias
No se teñen previstas transferencias internacionais de datos.
Transferencias internacionais de cookies de terceiros
Podes informarche das transferencias internacionais a terceiros países que, no seu caso, realizan os terceiros identificados nesta política de cookies nos seus correspondentes políticas.
Xestión das cookies
Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:
- Google Chrome: como borrar, habilitar e administrar cookies en Chrome
- Microsoft Edge: datos de navegación e privacidade
- Mozilla Firefox: información que os sitios web gardan no equipo do usuario/a
- Safari: como xestionar cookies e datos de sitios web en Safari no Mac
- Safari (Iphone e Ipad): como borrar o historial e as cookies de Safari no iPhone, iPad ou iPod touch
No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.
Privacidade
Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:
- Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.
- Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.
Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.
Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.
Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.
Protección de datos
¿Quen é o responsable do tratamento?
Responsable: Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
NIF: CIF Q1500256A
Enderezo: Rúa Avelino Pousa Antelo, nº5, 15707, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 541 500
Correo electrónico: protecciondedatos.inega@xunta.gal
¿Cal é a finalidade e lexitimación coas que tratamos os seus datos?
- Xestionar as solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións ou queixas que se formulen a través do formulario de “Contacto” e do resto de medios habilitados na web para contactar coa entidade. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque otorgounos o seu consentemento.
- Xestionar a seguridade da páxina web. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque temos unha obriga legal de velar pola seguridade dos datos persoais recollidos, neste caso, a través da interacción das persoas usuarias da páxina web.
¿Durante canto tempo conservaremos os seus datos?
Os seus datos conservaranse durante o tempo necesario para acadar a finalidade indicada no apartado anterior.
¿A que destinatarios comunicaranse os seus datos?
Comunicaranse os seus datos aos nosos encargados do tratamento cando sexa necesario para a correcta prestación dos servizos contratados a estes. Non se van ceder os seus datos a terceiros.
¿Realizaranse transferencias internacionais de datos?
Non se realizarán transferencias internacionais dos seus datos.
¿ Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos persoais?
- Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.
- Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
- Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos, incluído o dereito ao esquecemento.
- Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.
- Limitación do Tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos máis alá da mera conservación dos mesmos.
- Dereito a retirar o seu consentimento: dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento, dirixíndose por escrito á dirección do responsable do tratamento, os tratamentos efectuados previamente seguirán sendo válidos.
¿Onde poderá exercitar os seus dereitos?
O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito, dirixindo un correo postal á rúa Avelino Pousa Antelo, nº5, 15707, Santiago de Compostela ou ao correo electrónico protecciondedatos.inega@xunta.gal. O INEGA pon á súa disposición modelos para a realización do exercicio de dereitos que poden obterse no enderezo indicado ou a través do correo electrónico indicado anteriormente. Para máis información: www.aepd.es.
¿Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control?
No caso de que non se respectasen os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob. En ambos os casos, deberá acompañar a documentación pertinente.
¿Información adicional relativa ao tratamento dos seus datos persoais?
As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.