Minihidráulica

Minihidráulica

Tradicionalmente, a enerxía dos leitos dos ríos foi aproveitada para a súa transformación en enerxía mecánica, utilizada principalmente para moer gran. Posteriormente, estes aproveitamentos foron evolucionando cara ás denominadas centrais hidroeléctricas, que levaban a cabo unha posterior transformación en enerxía eléctrica, primeiro, para autoconsumo e, posteriormente, para a súa inxección na rede eléctrica.   

De forma xeral, pódense distinguir tres tipos de aproveitamentos hidroeléctricos: 

  • Centrais de encoro: Acumulan auga para a súa posterior utilización en xeración de enerxía eléctrica. 
  • Centrais fluíntes: Xeran electricidade dunha forma continua, a medida que existe caudal dispoñible, sen acumulación. 
  • Centrais de bombeo: Nelas bombéase auga a niveis superiores nos momentos de excedentes de electricidade – con baixo custo – para posteriormente aproveitala nos momentos de elevado consumo eléctrico no sistema. 

Dentro dos aproveitamentos hidráulicos para a xeración de enerxía eléctrica distínguense aqueles que teñen unha potencia instalada de máis de 10 MW (grandes centrais) daqueles cuxa potencia instalada é menor de 10 MW (minicentrais).

Enerxía minihidráulica