Observatorios

Observatorios

Eólica mariña

O Pacto Verde europeo e o Plan de Recuperación para Europa van definir a economía europea durante os próximos anos. Nese contexto, a economía azul da Unión Europea resulta fundamental para alcanzar tanto os obxectivos económicos asociados como os ambientais e climáticos, dado que o océano é o principal regulador do clima que existe. Ademais, ofrece enerxía limpa e proporciónanos osíxeno, alimento e moitos outros recursos indispensables.

Por iso é polo que, para integrar plenamente a economía azul no Pacto Verde e a Estratexia de Recuperación, a Comisión Europea haxa adoptado unha nova aproximación á economía azul sustentable, entre cuxos obxectivos principais están os seguintes:

Eólica

Ondas

Contribuír a mitigar o cambio climático mediante o desenvolvemento das enerxías renovables mariñas, a descarbonización do transporte marítimo e os portos verdes.

Ancla

Facer a economía máis circular mediante a revisión das normas de deseño das artes de pesca, de reciclaxe de buques e de desmantelamento de plataformas mariñas.

Montaña

Desenvolver infraestruturas verdes en zonas costeiras que axuden a preservar a biodiversidade e a paisaxe, mentres benefician ao turismo e á economía da costa.

Eólicos

 

O 7 de xullo de 2021 o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) sacou a información pública o borrador da Folla de Ruta para o Desenvolvemento da Eólica Mariña e das Enerxías do Mar en España, que pretende:

 

Converter España na referencia europea para o desenvolvemento tecnolóxico e o I+D das enerxías renovables na contorna mariña, especialmente a eólica flotante.

Reforzar o liderado industrial español na cadea de valor destas enerxías, aproveitando as sinerxias con sectores punteiros.

Alcanzar ata 3 GW de eólica flotante en 2030, un 40% da meta europea de dispoñer de 7 GW ao final da década.

Ademais, espérase que garanta un despregamento ordenado das instalacións nas augas territoriais que sexa respectuoso co medio ambiente e compatible con outros usos e actividades, aproveitando a súa implantación para mellorar o coñecemento do medio mariño.

Neste contexto, Galicia pode representar un papel importante no ámbito da enerxía eólica mariña, xa que dispón do potencial para estender a súa experiencia no campo das enerxías renovables e do sector marítimo á área das enerxías oceánicas.

Eólica mariña
OBXECTIVOS

O principal obxectivo do Observatorio da Eólica Mariña de Galicia é o de servir de foro de diálogo, encontro e análise para a procura da coexistencia e compatibilidade do potencial desenvolvemento da eólica mariña en Galicia con todas as actividades existentes, con especial atención ás actividades marítimo-pesqueiras.

Xerando coñecemento en relación con esta tecnoloxía, identificando oportunidades de desenvolvemento de actividades industriais relacionadas con ela e identificando necesidades de elaboración de estudos de interese, sempre coa premisa do respecto por todas as actividades que se desenvolven no mar.

E, entre as súas funcións estará a de:

  • Promover foros técnicos de coñecemento para a análise das compatibilidades e dos usos do espazo marítimo.
  • Crear un espazo de información entre as administracións públicas e os sectores económicos sobre cuestións regulamentarias, normativas ou de planificación, tanto do espazo marítimo como de infraestruturas.
  • E a elaboración de estudos sobre oportunidades, impacto e potencial industrial en Galicia. 
INTEGRANTES

Para unha adecuada coordinación entre os diferentes axentes, o pleno do Observatorio está composto pola Administración Autonómica (con representantes da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, da Consellería  do Mar e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e  Vivenda da Xunta de Galicia), polo sector pesqueiro (con representantes da Confrarías de Pescadores e  Consello  Galego de Pesca) e polo sector industrial (con representantes da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia - ASIME).

O Instituto Enerxético de Galicia coordina a secretaría técnica do Observatorio.

GRUPOS DE TRABALLO

Para o desenvolvemento da actividade técnica do Observatorio da Eólica Mariña de Galicia, apróbase, por parte dos seus integrantes, na reunión de presentación do Observatorio o 9 de xuño de 2021, a creación e inicio da actividade do seguintes tres grupos de traballo:

Análise Normativa e Planificación

Análise da normativa que afecte o sector eólico mariño e á planificación do espazo marítimo (actividade actualmente relacionada co proceso de audiencia e información pública do proxecto de Real Decreto polo que se aproban os Plans de Ordenación do Espazo Marítimo), incluíndo a identificación e avaliación de zonas compatibles co posible desenvolvemento de actividades experimentais e de proxectos de eólica mariña en Galicia que coexistan e sexan compatibles con outros usos do espazo marítimo, como as actividades marítimo-pesqueiras.

Tecnoloxía e Innovación

Avaliación de aspectos tecnolóxicos e innovadores relacionados coa eólica mariña, especialmente aqueles relacionados coa tecnoloxía flotante, e avaliación das posibilidades de validación de deseños e desenvolvementos emerxentes en condicións reais de funcionamento.

Impacto Social

Estudo e análise das posibles repercusións relacionadas co desenvolvemento da eólica mariña en Galicia desde o punto de vista socioeconómico, para a súa identificación e adopción de medidas que permitan garantir unha adecuada coexistencia e complementariedade entre as diferentes actividades relacionadas co mar na nosa Comunidade.

 

Biomasa

En termos enerxéticos, a enerxía da biomasa pode ser aproveitada para diferentes fins nas centrais de xeración eléctrica, no sector doméstico, no sector servizos, na industria e en sistemas de distric-heating.

En Galicia, o aproveitamento da biomasa para fins enerxéticos é moi importante, de forma que en 2020 a biomasa foi a segunda fonte de enerxía primaria de orixe autóctona.

Tendo en conta este gran potencial, a Xunta de Galicia, a través de INEGA, define e leva a cabo a Estratexia de Impulso á Biomasa 2014-2020, ao obxecto de:

Biomasa

Xerar valor e emprego en todo o ciclo produtivo da biomasa

Activar unha industria asociada á valorización enerxética da biomasa que comprende a transformación e distribución da biomasa e a instalación de caldeiras en fogares, empresas e na propia Administración Pública

Propiciar unha mellora socioeconómica das áreas rurais

Reducir a dependencia enerxética dos derivados do petróleo

Impulsar o aforro e a eficiencia enerxética en familias, empresas e nas administracións públicas

Protexer o medio natural mediante a redución de emisións de CO2

Mellorar a xestión e o rendemento dos montes galegos, diminuíndo o risco de incendios

Co obxectivo de dar continuidade aos resultados obtidos tras o desenvolvemento e execución da Estratexia de Impulso á Biomasa 2014-2020, a Xunta de Galicia, a través de INEGA, atópase actualmente elaborando a Estratexia Galega da Biomasa 2030.

 

OBXECTIVOS

O principal obxectivo do Observatorio Galego da Biomasa é o de proporcionar información relacionada co sector que facilite o seu coñecemento, potencial, alternativas de aplicación, principais indicadores de impacto e difusión de casos de éxito.

MÁIS INFORMACIÓN