Que é o Sicapde

Que é o SICAPDE


SISTEMA DE CAPTACIÓN E PROCESAMENTO DOS DATOS ENERXÉTICOS DE 
GALICIA


Galicia destaca por ser unha rexión cunha estrutura de xeración enerxética sólida e diversificada. Asemade, os ambiciosos plans de fomento das enerxías renovables, especialmente a enerxía eólica, puxeron de manifesto a necesidade de dispoñer dunha maior información do noso sistema enerxético para resolver problemas de xestión destas enerxías, problemas asociados ó carácter variable e fluínte das mesmas que supón que a dispoñibilidade da súa potencia real non sexa facilmente predicible, o cal limitaba en gran medida o seu desenvolvemento.

Por elo considerouse absolutamente necesario dispoñer de modelos precisos e fiables da xeración en réxime especial, o que orixinou o Sistema Informático de Captación e Procesamento de Datos Enerxéticos (Sicapde), que é unha ferramenta informática estruturada en rexistros e modelos en constante actualización e evolución que permitirá realizar previsións de xeración eléctrica mais certeiras e seguras, permitindo coñecer dunha maneira máis profunda e detallada o novo escenario eléctrico establecido polo impulso das enerxías en réxime especial e posteriormente estendelo ó resto dos recursos enerxéticos galegos. A finalidade desta iniciativa non é outra que poder realizar unha eficaz planificación e optimización dos recursos enerxéticos e garantir un maior equilibrio no noso sistema eléctrico.

Que é o Sicapde
Sicapde

A Orde do 29 de xullo de 2002 regulamenta o procedemento para a captación e o procesamento dos datos de producción enerxética de Galicia correspondentes ás instalacións acollidas ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica. A execución práctica da devandita norma concrétase no desenvolvemento do "Sistema informático de captación e procesamento de datos enerxéticos" (Sicapde), unha ferramenta que recolle e integra toda a información relevante relacionada coa producción e o vertido de enerxía á rede por parte de cada un dos xeradores especiais de potencia maior de 1 MW na Comunidade Autónoma de Galicia.

O tempo transcorrido desde a súa implantación, a experiencia e o impulso que a Administración debe darlle ao emprego de medios informáticos nas súas relacións cos cidadáns, así como a evolución tecnolóxica das aplicacións telemáticas, unidos a un obxectivo de simplificación administrativa e de mellora dos servizos recomendaban unha revisión dos contidos da Orde do 2002, o que deu lugar o desenvolvemento da nova Orde de 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia. Na devandita Orde amplíase o ámbito da aplicación ás centrais solares fotovoltaicas acollidas ao REPE e obrigadas a dispoñer de telemedida segundo o Real decreto 1110/2007, do 24 de agosto de 2007, polo que se aproba o Regulamento unificado de puntos de medida do sistema eléctrico.

 

 

ESQUEMA DO SICAPDE
 

Esquema do Sicapde

 

 

LEXISLACIÓN EN FORMULARIOS

 

Orde de 23 de xaneiro de 2009

Descargar

Anexos Orde de 23 de xaneiro de 2009

Descargar

SICAPDEWEB

Para facilitar o envío da información a través da Internet, o Inega desenvolveu unha aplicación informática "SicapdeWeb".

Esta aplicación tamén permite a xeración do ANEXO IV que todas as centrais teñen que presentar no primeiro trimestre de cada ano na Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas (Consellería de Economía e Industria). Non obstante, a xeración do ANEXO IV coa aplicación, non exime da posterior presentación na devandita Dirección Xeral.
SicapdeWeb
Prema no seguinte enlace para acceder á aplicación informática "SicapdeWeb" para o envío dos informes mensuais de produción eléctrica.

ACCEDER A SICAPDEWEB