Solar fotovoltaica
As instalacións de enerxía solar fotovoltaica utilízanse para a xeración de enerxía eléctrica, e poden ser illadas ou conectadas á rede eléctrica.
As instalacións fotovoltaicas illadas son útiles en zonas ás que non chegan as liñas eléctricas convencionais. Nestas instalacións, en xeral, requírese de sistemas de almacenamento de enerxía (normalmente, en baterías) para proporcionar enerxía eléctrica nos momentos nos que non se está captando enerxía solar suficiente.
A produción dunha instalación fotovoltaica con captación fixa en Galicia atópase aproximadamente entre 1.000 e 1.200 kWh anuais por cada kWp instalado, cifra que aumenta para aqueles casos nos que se incorporan sistemas de seguimento solar.
Doutra banda, as instalacións fotovoltaicas conectadas á rede implántanse nos lugares aos que si chegan as liñas eléctricas. É o caso das instalacións fotovoltaicas destinadas ao autoconsumo eléctrico, coas cales debemos tentar desprazar todo o posible o noso consumo ás horas cun maior recurso solar, para un mellor aproveitamento. En función do perfil de consumo existente, este aproveitamento da enerxía eléctrica renovable xerada pode optimizarse a través de sistemas de almacenamento de enerxía.
Para unha vivenda tipo en Galicia, unha instalación fotovoltaica supón un aforro dun 600 €/ano, polo que, considerando as axudas existentes, estímase un período de retorno entre os 6 e os 8 anos, aproximadamente.
Solar térmica
As instalacións de enerxía solar térmica utilízanse para a xeración de calor en aplicacións domésticas, terciarias ou industriais.
O elemento principal destas instalacións é o captador solar, un equipo que aproveita a radiación solar para transformala en enerxía térmica e transferila, á súa vez, a un fluído caloportador.
Existen dous tipos fundamentais de paneis térmicos: os paneis planos e os tubos sen carga.
O tamaño da instalación depende da súa aplicación, as necesidades enerxéticas e o tipo de equipos utilizados. A continuación, indícanse algunhas das aplicacións máis habituais desta tecnoloxía:
INSTALACIÓNS TIPO
- INSTALACIÓN SOLAR TÉRMICA PARA A XERACIÓN DE AUGA QUENTE SANITARIA DE PEQUENO CONSUMO
-
A enerxía solar pode ser aproveitada para a xeración de auga quente nas vivendas unifamiliares. Unha grande parte da enerxía necesaria para quentar esta auga pode ser achegada por unha instalación solar térmica que é, en xeral, compatible cos sistemas habituais de enerxía auxiliar.
Hipótese: Consumo de auga quente diario: 200 litros/día constantes ó longo de todo o ano.
Instalación solar:Superficie de captadores planos m2
3,5 -4,5
Volume acumulador (litros)
200
Producción solar (termias /m2 año)
450 - 600
Fracción solar (%)
60 - 70
Prezo aproximado (€/m2)
800 - 1.200
- INSTALACIÓN SOLAR TÉRMICA PARA A XERACIÓN DE AUGA QUENTE SANITARIA EN CENTRO DE GRANDE CONSUMO
-
As instalacións solares térmicas poden ser utilizadas para a xeración de auga quente en centros de grande consumo, como hoteis, hospitais, pavillóns polideportivos, etc.; nestes centros é habitual que o consumo sexa constante e elevado durante todo o ano.
Hipóteses:
Consumo de auga quente diario: 3.000 litros/día constantes durante todo o ano.
Instalación solar:Este tipo de instalacións poderían utilizarse en edificios de vivendas, nos que a captación e a acumulación sería centralizada; polo tanto, existiría un acumulador común para tódalas vivendas, instalándose un contador de enerxía en cada unha delas, de forma que cada propietario se fixese cargo dos custos correspondentes á enerxía realmente consumida. Igualmente, sería posible instalar en cada unha das vivendas un acumulador (acumulación descentralizada), compartindo todas elas a mesma superficie de captación
Superficie de captadores planos m2
45-55
Volume acumulador (litros)
3.000
Producción solar (termias /m2 año)
460 - 600
Fracción solar (%)
60 - 75
Prezo aproximado (€/m2)
550 - 750
- INSTALACIÓN SOLAR TÉRMICA PARA A XERACIÓN DE AUGA QUENTE SANITARIA E APOIO Á CALEFACCIÓN POR CHAN RADIANTE EN VIVENDA UNIFAMILIAR
-
Este tipo de instalacións deséñanse co obxectivo de xerar auga quente sanitaria nunha instalación de pequeno consumo e, ó mesmo tempo, apoiar enerxeticamente a calefacción da vivenda utilizando sistemas de chan radiante.
Hipóteses:
Vivenda de características medias.
Consumo de auga quente diario: 200 litros/día ó longo de todo o ano.
Superficie a calefactar: 200 m2
Instalación solar:Superficie de captadores planos m2
14 - 20
Volume acumulador (litros)
800 - 1500
Producción solar (termias /m2 año)
250 - 450
Fracción solar (%)
70 - 90
Prezo aproximado (€/m2)
600 - 900
- INSTALACIÓN SOLAR TÉRMICA PARA A XERACIÓN DE AUGA QUENTE SANITARIA E CLIMATIZACIÓN DE PISCINA CUBERTA
-
Unha das aplicacións máis rendibles da enerxía solar térmica é a climatización de piscinas. Estas instalacións están comunmente ligadas a un elevado consumo de auga quente sanitaria, que se utiliza nos vestiarios ou pavillóns polideportivos anexos a elas.
Hipóteses:
Consumo de auga quente diario: 4.000 litros/día constantes durante todo o ano.
Dimensións piscina: 25x12 m
Profundidade media: 1,70 m
Instalación solar:Superficie de captadores planos m2
3,5 -4,5
Volume acumulador (litros)
200
Producción solar (termias /m2 año)
450 - 600
Fracción solar (%)
60 - 75
Prezo aproximado (€/m2)
800 - 1.200