Do mar
O mar é unha importante e potencial fonte de enerxía, cuxo aproveitamento depende da súa orixe específica. Así, esta enerxía atópase nas ondas, nos gradientes de temperatura, nas mareas, nas correntes mariñas ou nas diferenzas de salinidade, de forma que o seu aproveitamento require de diferentes tecnoloxías en función da orixe da enerxía.
Entre elas, Galicia dispón dun gran potencial, especialmente, en enerxía das ondas, a cal se denomina enerxía undimotriz.
O indubidable interese desta fonte de enerxía motivou a realización de diversos estudos respecto diso en Galicia, co fin de analizar a posibilidade de implantar de forma experimental algún destes sistemas nalgunha zona das costas galegas, que permitiron a creación da zona experimental de Punta Langosteira (fronte ao Porto Exterior da Coruña), xestionada por INEGA, como unha infraestrutura oceánica de investigación, demostración e operación de convertedores de enerxías mariñas en condicións reais de augas abertas.
ZONA EXPERIMENTAL DE ENERXÍAS MARIÑAS DE PUNTA LANGOSTEIRA
Esta zona experimental está xestionada por INEGA e atópase ao dispor daquelas entidades que desexen desenvolver e testear os seus prototipos en condicións reais de ensaio.
Máis información