Calidade do servizo

 

Calidade do Servizo

A calidade de servizo é o conxunto de características, técnicas e comerciais, inherentes á subministración eléctrica esixibles polos suxeitos, consumidores e polos órganos competentes da Administración.

INFORME CALIDADE ELÉCTRICA 2021

Calidade do Servizo

TIEPI

O TIEPI (Tempo de Interrupción Equivalente á Potencia Instalada) é un índice que reflicte anualmente a duración, en horas, dunha hipotética interrupción da subministración referida á potencia total instalada nunha zona, que fora equivalente á suma da duración de todas as interrupcións reais fóra de servizo; tense en conta a potencia afectada en cada un dos cortes.

TIEPI Galicia 2003-2021TIEPI España 2003-2021

NIEPI

O NIEPI (Número de Interrupcións Equivalente á Potencia Instalada) é o número de interrupcións equivalente da potencia instalada en media tensión (1kV < V = 36 kV). No seu cálculo téñense en conta as interrupcións de máis de 3 minutos de duración e inclúe tanto as interrupcións causadas por traballos planificados (programados) coma polos incidentes nas instalacións (imprevistos).

NIEPI Galicia 2003-2021 NIEPI España 2003-2021