Aspectos xerais

 

Eficiencia enerxética

ASPECTOS XERAIS  
INEGA, como ente público que presta soporte á Xunta de Galicia con actividades orientadas a reforzar a súa estratexia no campo da enerxía, ten entre os seus obxectivos a elaboración de plans e programas en materia enerxética, sempre dentro da perspectiva xeral de fomentar un maior aproveitamento dos recursos enerxéticos e das enerxías renovables de Galicia coa finalidade de diminuír a dependencia enerxética do exterior e as emisións de CO2.  

Entre as competencias e funcións de INEGA para alcanzar estes obxectivos, atópanse o impulsar actuacións de aforro e mellora da eficiencia enerxética, a elaboración de programas de racionalización do uso da enerxía e a promoción do aproveitamento dos recursos enerxéticos.

Eficiencia enerxética

OBXECTIVOS

Os actuais retos de Galicia na mellora da eficiencia enerxética recóllense na Axenda Enerxética de Galicia 2030, situándose nun 48,8% en relación co consumo de enerxía primaria no escenario tendencial correspondente ao Modelo PRIMES REF2007.