Certificado de Aforro Enerxético
Un Certificado de Aforro Enerxético (CAE) é un documento electrónico que garante que, despois de realizar unha actuación de eficiencia enerxética conseguiuse un novo aforro de enerxía final equivalente a 1 kWh. Desta forma, se se acomete unha actuación que implica un novo aforro anual de 500 kWh, poderanse obter 500 CAE.
Este instrumento permite monetizar os aforros enerxéticos, recuperando parte do custo dos investimentos en eficiencia enerxética (cambio de iluminación, mellora do illamento térmico, renovación de equipos industriais ou domésticos, etc.), xa que o usuario final poderá recibir unha contraprestación se vende os aforros obtidos para a súa posterior certificación mediante o Sistema de CAE.
Máis información Procedementos e formularios
Listaxe dos Axentes do Sistema de CAE
Xestores Autonómicos, Verificadores de Aforro, Suxeitos Delegados