Programa de Galicia
FEDER 2021 - 2027
O Programa de Galicia FEDER 2021 – 2027 foi aprobado mediante a Decisión C(2022) 9307 da Comisión Europea con data do 7 de decembro de 2022.
O Programa de Galicia FEDER 2021-2127, establece os obxectivos políticos da Unión, as prioridades, os obxectivos específicos, e as accións seleccionadas para a consecución destes obxectivos, os indicadores de realización e de resultados das actuacións seleccionadas e un plan de financiamento para o seu desenvolvemento.
A normativa comunitaria establece que se deberá garantir a visibilidade da axuda de todas as actividades relacionadas coas operacións que reciban axuda dos Fondos, o que inclúe facilitar información sobre as mesmas a través das correspondentes páxinas web.
A Axencia Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) previu desenvolver no marco do Programa de Galicia FEDER 2021-2027 tres liñas de actuación a través de convocatorias de expresións de interese (operacións de execución directa por organismos ou entidades públicas), de conformidade co documento Criterios e Procedementos para a Selección de Operacións (CPSO) que se relacionan na seguinte táboa.
| Código LA | Denominación LA |
| 2.1.1.1 | Mellora da eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas públicas |
| 2.2.1.4 | Incentivos ás enerxías renovables con tecnoloxía fotovoltaica para autoconsumo eléctrico no sector público. |
| 2.3.2 | Incentivos a infraestruturas de almacenamento enerxético fotovoltaico no sector público. |
As actuacións incluídas nesta programación son financiadas nun 60% polo FEDER.
- 1. Liña de actuación 2.1.1.1: Mellora da eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas públicas
-
O aforro enerxético é un dos piares da política enerxética da Xunta de Galicia, non só pola necesidade de alcanzar unha maior sustentabilidade enerxética e económica, senón tamén para abordar dunha forma eficaz a loita contra o cambio climático.
A través desta liña de actuación do Programa Galicia FEDER 2021-2027 vanse desenvolver actuacións de aforro e eficiencia enerxética nas instalacións e edificios públicos autonómicos (edificios administrativos, centros sanitarios, centros educativos, centros sociais entre outros, ...), co obxectivo de:
- Reducir o consumo enerxético e o gasto económico mantendo os niveis de produción, confort e mobilidade dos traballadores e usuarios.
- Minimizar a emisión de gases de efecto invernadoiro por parte do Sector Público Autonómico de Galicia.
- Acadar o mellor aproveitamento posible das enerxías renovables.
Esta liña de actuación vai contribuír a lograr os obxectivos ambientais, enerxéticos e sociais fixados nos instrumentos de planificación sectoriais.
Código A 2.1.1.1 Denominación A Mellora da eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas públicas Obxectivo Político 2 “Unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono, e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a él, a prevención e xestión de regas e a mobilidade urbana sostible”. Prioridade P2A «Transición verde». Obxectivo específico RSO2.1 “Fomentar a eficiencia enerxética e a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro”. Ámbito de intervención 045. Renovación da eficiencia enerxética ou medidas de eficiencia enerxética relativas a infraestruturas públicas, proxectos de demostración e medidas de apoio conformes cos criterios de eficiencia enerxética. Indicadores de resultado - RCR26 Consumo anual primario de enerxía Non renovable (MWh/ano).
- RCR29 Emisións de gases de efecto invernadoiro estimadas (t CO2 eq./ano).
Na seguinte ligazón pódense consultar os documentos que establecen as condicións de axuda (DECA) de cada unha das operacións financiadas con esta liña de actuación:
- 2. Liña de actuación 2.2.1.4: Incentivos ás enerxías renovables con tecnoloxía fotovoltaica para autoconsumo eléctrico
-
A fotovoltaica é unha enerxía renovable cun reducido impacto ambiental, que polo seu carácter de recurso autóctono, favorece, dentro do campo enerxético, a redución de emisións de CO2, o autoabastecemento e a seguridade da subministración a prezos competitivos.
A través desta liña de actuación do Programa Galicia FEDER 2021-2027 vanse potenciar as enerxías renovables con tecnoloxía fotovoltaica para autoconsumo eléctrico nas instalacións e edificios públicos autonómicos (edificios administrativos, centros sanitarios, centros educativos, complexos culturais, centros sociais, recintos feirais, entre outros, ...), co obxectivo de aumentar a capacidade operativa adicional de enerxía eléctrica renovable, diminuír as emisións de CO2 e mellorar a eficiencia enerxética.
Seleccionaranse operacións que inclúan algún dos seguintes criterios de priorización:
- Instalacións con paneis fotovoltaicos con rendementos altos.
- Grao de utilización da instalación.
- Integración arquitectónica da instalación.
- Grao de madurez do expediente.
Código A 2.2.1.4 Denominación A Incentivos ás enerxías renovables con tecnoloxía fotovoltaica para autoconsumo eléctrico no sector público. Obxectivo Político 2 “Unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono, e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de regas e a mobilidade urbana sostible”. Prioridade P2A «Transición verde». Objetivo específico RSO2.2 A “Potenciar as enerxías renovables de conformidade coa Directiva (UE) 2018/2001, en particular os criterios de sustentabilidade que se detallan en ela”. Ámbito de intervención 048. Enerxía Renovable Solar. Indicadores de resultado - RCR29 Emisións de gases de efecto invernadoiro estimadas (toneladas CO2 eq./ano).
- RCR32 Capacidade operativa adicional instalada en enerxía renovable (MW).
No momento actual non hai ningunha operación aprobada.
- 3. Liña de actuación 2.3.2: Incentivos a infraestruturas de almacenamento enerxético fotovoltaico
-
No panorama enerxético actual, o almacenamento de enerxía eléctrica converteuse no elemento clave para maximizar o rendemento dos sistemas fotovoltaicos. As baterías permiten almacenar o exceso de enerxía xerada pola instalación fotovoltaica durante as horas de maior produción solar para consumila cando máis se necesite, optimizando o autoconsumo, reducindo significativamente a dependencia da rede eléctrica e reducindo a pegada de carbono da instalación.
A través desta liña de actuación do Programa Galicia FEDER 2021-2027 vaise fomentar a implantación de almacenamento eléctrico a partir de tecnoloxía fotovoltaica nas instalacións e edificios públicos autonómicos (edificios administrativos, centros sanitarios, centros educativos, complexos culturais, centros sociais, recintos feirais, entre outros, ...), co obxectivo de aumentar a capacidade operativa adicional de enerxía eléctrica renovable, diminuír as emisións de CO2 e mellorar a eficiencia enerxética.
Se seleccionarán operacións que inclúan algún dos seguintes criterios de priorización:
- Características técnicas da instalación en termos de eficiencia enerxética.
- Tamaño da instalación.
- Grao de madurez do expediente.
Código A 2.3.2 Denominación A Incentivos a infraestruturas de almacenamento enerxético fotovoltaico no sector público. Obxectivo Político 2 “Unha Europa máis verde, hipocarbónica e en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono, e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación do cambio climático e a adaptación a el, a prevención e xestión de regas e a mobilidade urbana sostible”. Prioridade P2A «Transición verde». Obxectivo específico RSO2.3 “Crear sistemas, redes e equipos de almacenamento de enerxía intelixentes á marxe da rede transeuropea de enerxía (RTE E). Ámbito de intervención 053. Sistemas de enerxía intelixente (incluídos as redes intelixentes e os sistemas de TIC) e o seu almacenamento. Indicadores de resultado - RCR34: Despregamento de proxectos de sistemas enerxéticos intelixentes (proxectos).
No momento actual non hai ningunha operación aprobada.