Lorenzana destaca a capacidade das empresas familiares galegas para anticiparse e afrontar novos desafíos
Lorenzana destaca a capacidade das empresas familiares galegas para anticiparse e afrontar novos desafíos
Vigo, 21 de outubro de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe en Vigo a capacidade que teñen as empresas familiares galegas para anticiparse e afrontar novos desafíos como a transición enerxética, a descarbonización, a innovación e unha economía cada vez máis competitiva.
Lorenzana participou na presentación do libro Del refino del petróleo a la logística y el transporte. 138 años de Babé y Compañía onde sinalou que Galicia precisa empresas con vocación de permanencia, competitivas e innovadoras pero tamén comprometidas coa terra na que naceron. “As empresas familiares crean emprego, crean industria e contribúen ao crecemento dun país”, dixo.