AWESDI

AWESDI – Atlantic Wave Energy Strategic Development Initiative

O proxecto europeo AWESDI (Atlantic Wave Energy Sustainable Deployment Initiative), financiado polo programa Interreg Atlantic Area, ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento sostible da enerxía undimotriz na fachada atlántica. A iniciativa promove a cooperación entre rexións de España, Portugal, Francia e Irlanda para mellorar o coñecemento, superar barreiras regulatorias e técnicas e facilitar a integración desta tecnoloxía no sistema enerxético.

O proxecto conta cun orzamento total de 2.451.460,37 €, cofinanciado nun 75 % por fondos FEDER, e reúne un consorcio de entidades públicas, centros de investigación e empresas do sector da enerxía mariña.

ACCEDER

AWESDI
SOCIOS

Ademais, participan como socios asociados:

OBXECTIVOS
  • Desenvolver un marco estratéxico para a implantación da enerxía das ondas no Espazo Atlántico
  • Mellorar o coñecemento técnico, ambiental e socioeconómico desta tecnoloxía
  • Fomentar a cooperación entre rexións, administracións, empresas e centros de investigación
  • Apoiar o desenvolvemento de solucións innovadoras e sostibles baseadas na enerxía mariña
  • Facilitar a elaboración de follas de ruta e políticas públicas para o despregamento da enerxía das ondas
ACTIVIDADES
  • Análise do estado actual da enerxía das ondas no Espazo Atlántico
  • Desenvolvemento dun sistema de coñecemento (Knowledge System)
  • Organización de foros e talleres de participación con stakeholders
  • Apoio a proxectos piloto e estudos de caso
  • Elaboración dunha folla de ruta para o despregamento da enerxía das ondas
BENEFICIADOS
  • Administracións públicas rexionais e nacionais
  • Empresas do sector enerxético e industrial
  • PEMES e clusters
  • Centros de investigación e universidades
  • Axentes do sector marítimo-portuario
  • Sociedade en xeral
ZONAS DE ACTUACIÓN

O proxecto desenvólvese no Espazo Atlántico europeo, incluíndo rexións costeiras de España (especialmente Galicia), Francia, Portugal e Irlanda.

DATOS XERAIS
  • Programa: Interreg Atlantic Area
  • Tipoloxía: Cooperación transnacional
  • Ámbito: Enerxías renovables mariñas