Proxectos Europeos
Proxectos Europeos
A Lei de creación do Inega especifica a necesidade de fomentar a participación das empresas e institucións galegas nos programas enerxéticos estatais e internacionais; principalmente os emprendidos pola Unión Europea.


O obxectivo principal é articular un ecosistema transfronteirizo que impulse na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal unha cadea de valor en torno ao hidróxeno, contribuíndo a unha mobilidade sostible baseada en fontes renovables.
O obxectivo principal é desenvolver tres experiencias piloto de comunidades enerxéticas locais con infraestruturas de xeración de enerxía fotovoltaica
O obxectivo principal é mellorar a eficiencia enerxética do proceso de depuración de augas residuais nas EDAR, asegurando en todo momento a calidade da auga tratada e logrando mellores rendementos de depuración, menores consumos enerxéticos, emisións de CO2 e diminución de problemas nos procesos.
O obxectivo principal é diminuir os custes de xestión de residuos dos sectores forestal e agrícola, a implantación de mellores sistemas de recollida de residuos e a obtención, comercialización e valorización enerxética de novos biocombustibles.
A temática do proxecto é a enerxía no mar (diferentes tipos de enerxía do mar e eólica, principalmente).
Aproveitamento enerxético da biomasa en recursos hídricos degradados ricos en microalgas.
Eficiencia, coxeración e xestión enerxética no sector servizos.
Promover a posta en marcha de proxectos conxuntos de emprego compartido de recursos enerxéticos ademais de operacións de aforro e diversificación enerxética mediante o aproveitamento de fontes de enerxía renovables.
Deseño e demostración de 4 plantas de coxeración que utilizarán celdas de combustible de 5 kW de gas e biogás procedentes da dixestión anaeróbica.
Monitorización e control dos consumos de enerxia nos edificios municipales a través de internet.
Acompañamento ás pemes na implantación de modelos de consumo enerxético máis eficientes.
Promoción do uso da biomasa forestal con fins enerxéticos.
Fortalecer o papel das asociacións de axencias enerxéticas dos distintos países de Europa.