HI_MOV: Corredor Tecnolóxico Transfronteirizo de Movilidade con Hidróxeno Renovable
O proxecto HI_MOV, cofinanciado por Interreg POCTEP, ten como obxectivo articular un ecosistema transfronteirizo que impulse na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal unha cadea de valor en torno ao hidróxeno, contribuíndo a unha mobilidade sostible baseada en fontes renovables.
Para acadar o seu obxectivo, o consorcio de HI_MOV está formado por centros tecnolóxicos (CTAG, ENERGYLAB, PIEP, CEiiA), universidades (UMINHO, UPORTO, USC), agrupacións territoriais (AECT-GNP), empresas (Grupo Petrotec) e administracións públicas (INEGA-Xunta de Galicia).
Durante 36 meses analizaranse as potencialidades do hidróxeno renovable como vector de mobilidade no eixo Galicia-Norte de Portugal, mellorarase a capacitación e o posicionamento tecnolóxico das entidades da Eurorrexión na industria emerxente ao redor do hidróxeno, desenvolveranse conxuntamente solucións tecnolóxicas de hidróxeno e demostrarase a viabilidade do seu uso no espazo transfronteirizo mediante probas piloto.
O orzamento total para os tres anos de proxecto ascende a 2 175 000 euros. HI_MOV está cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VIN-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. O programa POCTEP promove o desenvolvemento e a cooperación transfronteiriza con fondos FEDER ao longo da fronteira España-Portugal e, pola súa dotación financeira, é o maior programa de cooperación transfronteirizo da UE.
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten potencial para converterse nunha rexión pioneira no despregamento dun ecosistema que impulse a cadea de valor emerxente ao redor do hidróxeno vinculado á mobilidade sostible. HI_MOV poñerá en valor as capacidades existentes e futuras a nivel científico, técnico, industrial e empresarial, para atraer novos proxectos e investimentos. Tamén se mellorará a concienciación da cidadanía ao redor das vantaxes do uso do hidróxeno para lograr os obxectivos de descarbonización do sector transporte, coa consecuente mellora na calidade do aire e da saúde.
- Informes INEGA
-
- E6.3 Vídeo promocional
- Video resumen HI-MOV
- E2.1 Catálogo de capacidades y necesidades del H2 renovable de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal
- Mapa Interactivo del Catálogo de capacidades y necesidades del H2 renovable de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal
- E2.3 Plan de sostenibilidad, fomento y promoción
- E4.2 Panorama técnico-operativo y análisis funcional de hidrogeneras para suministro vehicular de hidrógeno: estructura, etapas, operación, prueba de recarga, experiencia de uso y análisis de puntos de mejora
- E4.5 Evaluación operativa del vehículo de hidrógeno en entorno logístico: Mantenimiento, pruebas en pista y desempeño de ruta de última milla con análisis avanzado de datos
- E4.5 Reproducción controlada del piloto en Laboratorio y análisis comparativo del rendimiento
- Video resumen proyecto HI-MOV