EnergyMare
O proxecto europeo Energy Mare está englobado na 3ª convocatoria do Programa Espacio Atlántico 2007-2013. A temática do proxecto é a enerxía no mar (diferentes tipos de enerxía do mar e eólica, principalmente). Neste proxecto o Inega actúa como Xefe de Fila e participan socios de España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda.
As actividades a desenvolver con base neste proxecto inclúen: análise de potencial da enerxía mariña en toda a costa atlántica europea, análise da tecnoloxía existente, análise dos sistemas de evacuación e transporte da enerxía xerada, creación de zonas de experimentación tecnolóxica, análise d o contexto (normativo e socioeconómico) e impacto do desenvolvemento das fontes enerxéticas mariñas.
O orzamento total do proxecto é de 3.094.816,40 euros, cunha taxa de financiamento FEDER do 65% (2.011.630,66 euros), e unha participación do Inega de ata 645.180,00 euros entre os anos 2012 e 2014. Neste proxecto, o Inega participa cun orzamento total de 645.180,00 euros, dos que debe contribuír financeiramente cunha contía de 225.813,00 euros (2012-2014). Hai que sinalar que unha elevada porcentaxe deste orzamento corresponde a recursos humanos (gastos que se xustifican cos recursos humanos do Inega).

- ANÁLISE DO POTENCIAL DOS RECURSOS ENERXÉTICOS RENOVABLES NO ÁMBITO MARÍTIMO
-
- Inventario de instrumentos de información e medición dos recursos enerxéticos.
- Desenvolvemento e implantación de aboias para coñecer o potencial enerxético no mar.
- Realización de mapas eólicos offshore, enerxía undomotriz e mareomotriz para homoxeneizar a representación xeográfica do potencial dos recursos enerxéticos na fachada Atlántica.
- CREACIÓN DA ZONA DE EXPERIMENTACIÓN
-
- Identificación do emprazamento óptimo para a implantación das zonas de experimentación e análise da viabilidade.
- Estudo detallado das características iniciais das zonas de experimentación que permitan avaliar os impactos dos experimentos realizados.
- Creación da zona de experimentación.
- ANÁLISE DA TECNOLOXÍA EXISTENTE PARA A PRODUCIÓN DE ENERXÍA DO MAR
-
- Valoración da tecnoloxía existente.
- Experimentación con prototipos.
- Estudo continuo da evolución das condicións na zona experimental.
- ANÁLISE DOS SISTEMAS DE EVACUACIÓN E TRANSPORTE DA ENERXÍA DO MAR
-
- Análise das alternativas de evacuación.
- Deseño de super redes que permitan transportar a gran distancia a enerxía producida no medio mariño cara a zonas de gran consumo.
- ANÁLISE DE CONTEXTO E IMPACTO DAS DIFERENTES FONTES DE ENERXÍA MARÍTIMA
-
- Análise do contexto normativo, establecendo as bases para a unificación da normativa nesta materia.
- Análise do impacto socioeconómico do aproveitamento das diferentes fontes de enerxía do mar, considerando tanto o custo da súa produción e transporte como os rendementos económicos directos e indirectos que se espera xerar.
- COMUNICACIÓN
-
- Organización e participación en eventos.
- Presenza nos medios de comunicación.
- Deseño e desenvolvemento de páxina Web do proxecto
- Elaboración dun video de información do proxecto