Enersilva
O proxecto Enersilva pretende a constitución dunha rede multidisciplinar de expertos con vocación de permanencia que permitiese abordar con garantías de éxito o aproveitamento da biomasa forestal nos países participantes (España, Francia, e Portugal).

- SOCIOS
-
Os socios participantes no proxecto baixo o liderado da Asociación Forestal de Galicia poden agruparse:
- GALICIA: ASOCIACIÓN FORESTAL DE GALICIA, CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL. DIRECIÓN DE MONTES E INDUSTRIAS FORESTAIS, INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
- PAÍS VASCO: CONFEDERACIÓN DE FORESTALISTAS DEL PAÍS VASCO
- CATALUÑA: CENTRE TECNOLÒGIC FORESTAL DE CATALUNYA
- AQUITANIA: UNION DES SYNDICATS DE SYLVICULTEURS D'AQUITAINE e CENTRE RÉGIONAL DE LA PROPRIÉTÉ FORESTIÈRE D'AQUITAINE
- PORTUGAL: FORESTIS-ASSOCIAÇAO FLORESTAL DE PORTUGAL e CENTRO DA BIOMASSA PARA A ENERGIA DE PORTUGAL
- ACTIVIDADES
-
O proxecto comenzou nos ano 2005 e remató no mes de xuño de 2007. As principais actividades do proxecto foron:
- Dinamización dos silvicultores en cada rexión co fin de poñer en marcha iniciativas empresariais de xestión deste recurso.
- Determinación das tecnoloxías de aproveitamento da biomasa forestal para os bosques de cada zona.
- Análise e contraste das normativas e das políticas enerxéticas de cada zona amosando os resultados nun estudo comparado que inclúa as mellores propostas sobre medidas e iniciativas de fomento a diferentes escalas.
- Determinación das posibilidades de desenvolvemento de instalacións enerxéticas de aproveitamento de biomasa forestal en cada lugar.
- Avaliación da incidencia social e ambiental do uso de biomasa e das medidas que se propoñen para fomentar a súa utilización.
- Realización dun labor de formación e comunicación que contribúa á consolidación dunha rede permanente de cooperación e xerar, así, as condicións favorábeis para o desenvolvemento enerxético da biomasa.