Biosofc
O proxecto Biosofc consiste no deseño e demostración de 4 plantas de coxeración que utilizarán celdas de combustible de 5 kW de gas e biogás procedentes da dixestión anaeróbica.
O proxecto comezou no mes de outubro de 2006 coa realización dunha xuntanza dos socios en Santiago de Compostela e Cerceda organizada por SOGAMA e INEGA.

- SOCIOS
-
Os socios participantes no proxecto Biosofc son os seguintes:
- HERA AMASA (Barcelona - España)
- BIOGAS FUEL CELL S.A. (Gijón - España)
- INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA, Inega (Santiago - España)
- PROFACTOR PRODUKTIONSFORSCHUNGS GMBH (Steyr - Austria)
- PROTECMA S.L. (Gijón - España)
- KIBZ (Stuttgart - Alemania)
- SOCIEDADE GALEGA DO MEDIOAMBIENTE S.A. (Cerceda - España)
- FUNDACIÓN PATRIMONIO NATURAL DE CASTILLA Y LEÓN (Valladolid - España)
- ACTIVIDADES
-
As actividades do INEGA no proxecto son:
- Deseño, posta en marcha e mantemento da páxina Web do proxecto Biosofc. http://www.biosofc.info/project.php
- Asesoramento a SOGAMA e á FUNDACIÓN PATRIMONIO NATURAL DE CASTILLA Y LEÓN nos requerimentos legais para a instalación da pila de combustible prevista.
- Realización de análises dos contidos en mercaptanos do biogás da planta de SOGAMA e da planta de Castela e León.