FINANCE
95-f-finance1O proxecto FINANCE: Financing Instruments trough National Association Networking in Countries of Europe é un proxecto presentado por EnerAgen (Asociación de axencias españolas de enerxía) xunto con outras seis asociacións nacionais (Motiva - Finlandia, DEA - Holanda, FLAME - Francia, REACM - Grecia, ADENE -Portugal e ABEA - Bulgaria) ao programa Enerxía Intelixente para Europa na convocatoria de 2003. O proxecto comezou en 2005 e rematou no ano 2007.
O obxectivo fundamental é reforzar ás asociacións nacionais de axentes enerxéticos a través do apoio a unha serie de actividades concretas, principalmente no estabelecemento dunha secretaría nacional en cada unha das asociación participantes no proxecto e no desenvolvemento dunha publicación europea sobre as mellores prácticas financeiras para a supervivencia das axencias que conforman as devanditas asociacións.

- SOCIOS
-
O INEGA colaborou neste proxecto exercendo de coordinador do proxecto xunto co Ente Vasco da Enerxía (EVE).
- ACTIVIDADES
-
Neste proxecto fixéronse as seguintes actividades:
- Organización dunha conferencia nacional de axentes enerxéticos.
- Deseño dun cuestionario sobre os traballos das asociacións de axencias, e realización dun Informe sobre os resultados destes cuestionarios.
- Colaboración na elaboración dunha publicación sobre mellores prácticas financeiras das axencias enerxéticas.
- Elaboración de un folleto sobre o INEGA para incluír no folleto da asociación.
- Elaboración do Plan de negocio de EnerAgen.